Conversa:Casulo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O título deste artigo debería ser pupa (xa que está coa wikidata de pupa) e ter os contidos pertinentes.--Miguelferig (conversa) 5 de xullo de 2018 ás 21:43 (UTC)[responder]

No https://academia.gal/dicionario aparece "casulo", "pupa" non. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 13:45 (UTC)[responder]
Penso que o erro está no wikidata, o noso artigo é sobre o casulo (a envoltura). Liga coa pupa (o estado). Retírolle os interwikis á espera que alguén faga o artigo pupa, termo que non está no DRAG pero si está p. ex. no Vocabulario de ciencias naturais da Xunta, 1991--HacheDous=0 (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 14:15 (UTC)[responder]
Tamén se podería decidir que casulo non ten suficiente percorrido para ter artigo de seu, ou adoptar convertela nunha páxina de homónimos.--HacheDous=0 (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 14:25 (UTC)[responder]
Penso que o casulo está incluído na páxina de pupa, é dicir, algúns insectos cando fan a pupa forman un casulo que a envolve e outros non. De todos modos, pódese facer o artigo de pupa agora, que é como mellor se pode arranxar o asunto. Outra referencia de pupa pódese atopar no dicionario Digalego ([1]). Por outra parte, a foto das crisálides que aparece na páxina corresponde a un escravello que non forma casulo, polo que non é moi axeitada aquí. Tampouco a da ninfa.--Miguelferig (conversa) 6 de xullo de 2018 ás 16:01 (UTC)[responder]
Eliminadas as fotos incorrectas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xullo de 2018 ás 09:27 (UTC)[responder]