Conversa:Castro de Moreira

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo tomado coma referencia di textualmente en relación ao Castro de Moreira:

  • "Á época castrexa vincúlanse numerosos xacementos de diversa tipoloxía dos que, o que agora é obxecto de estudo, podería ser unha mostra".
  • "Os resultados (...) son acordes a certas características definitorias da cultura castrexa (...) a pesar de que non presenta estructuras habitacionais visibles no interior da croa, á espera de futuras actuacións máis directas".

Polo tanto, non sei se o nome de castro é o máis apropiado para este emprazamento, xa que parece ser que todavía quedan moitos estudos por realizar na zona que realmente despexen as dúbidas sobor da función desta construcción no pasado (todo isto sen ter en conta as informacións dalgunha xente da vila, que lembra ter atopado xa fai moitos anos restos de louza na zona). Póñolle ese nome ao artigo xa que é o mesmo que se utiliza no documento de referencia.--Lala Lugo 19:57, 22 xuño 2009 (UTC)

Título da foto: "A Coroa"[editar a fonte]

Mudo o título da foto para "A Coroa", e non "A Croa" como estaba antes. O motivo é que na vila o castro coñécese coma "A Coroa" (e incluso como "A Corona") pero ninguén se refire a el coma "A Croa", nesa zona non se usa ese termo. Penso que é importante manter o nome tal e como se utiliza na realidade. Lala Lugo 13:07, 2 xullo 2009 (UTC)

  • Creo que hai unha confusión, croa é a parte máis alta dun xacemento castrexo pero no artigo co termo A Coroa quérese referir ao topónimo que non é A Croa senón A Coroa.--RNC 14:19, 2 xullo 2009 (UTC)
  • Daquela xa está explicado. Graciñas pola achega, RNC. --Atobar (conversa comigo) 14:25, 2 xullo 2009 (UTC)