Conversa:Castro de Eiravedra

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castro de Sedes[editar a fonte]

Segundo o PXOM que aparece na Xunta, o castro de Sedes e o de Eiravedra non son o mesmo, o que chaman de Sedes está en San Estevo, e o que chaman de Eiravedra está en Eiravedra.

Por outra banda, nese PXOM indícase que o concello ten 13 castros, pero os seus nomes non coinciden cos dos artigos que hai na categoría de castros de Narón. Isto, sumado ó indicado arriba da a entender que algún dos artigos de castros de Narón é incorrecto ou ten o nome incorrecto. Segundo ese PXOM, os castros de Narón son: castro de Sedes, castro de San Estevo, castro de Eiravedra, castro da Revolta, castro de Ermida (entendo que será o que aquí está como castro da Ermida), castro da Pereiruga, castro de Sequeiro, castro dos Bicás, castro de Pena Lopesa, castro de Vilasuso, castro de Quintá, castro de Trasancos, castro de Petouzal.

Posiblemente algúns dos que faltan estean nesa categoría pero con outro nome, pero non atopo información para relacionalos, a ver se alguén con máis información sobre o tema pode revisar isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de febreiro de 2018 ás 10:25 (UTC)[responder]