Conversa:Capacidade cranial

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

cranial - *craniana[editar a fonte]

Se a primeira ven no dicionario e a segunda non, porqué empregar a segunda? --. HombreDHojalata.conversa 3 de abril de 2015 ás 19:39 (UTC)[responder]

No dicionario da RAG, efectivamente, só vén cranial. Pero todos sabemos (incluíndo os académicos e académicas) que este dicionario aínda ten poucas voces. E por iso na Galipedia, consciente diso, admítense como fontes fiábeis para cuestións morfolóxicas, os chamados grandes dicionarios que declaran no seus prefacios, que seguen, en xeral (é dicir, non sempre) as NOMIG, e que inclúen numerosas voces non incluídas no DRAG utilizando os criterios da Academia e máis o ILG. Estes dicionarios son os do Cumio, Ir Indo e Xerais. Por outra parte, na Introdución das NOMIG, páxina 12, dise que «Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbito científico e técnico, o portugués será considerdo recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego
Pois ben, temos que:
  • No Dicionario de galego de In Indo:
cranial adx Relativo ou pertencente ao cranio.
craniano -na adx. =» cranial.
  • No Gran dicionario Xeraios da lingua:
CRANIAL adx. Relativo ou pertencente ó cranio; craniano.
CRANIANO -A adx. Relativo ou pertencente ó cranio; cranial.
  • E en portugués:
craniano adj. relativo ao crânio (Dic. de Port Editora).

Pois por iso. --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2015 ás 21:43 (UTC)[responder]

Pois non comparto.
Insisto, cranial ven no DiRAG, *craniano non.
Preferir a segunda á primeira, argumentando os dicionarios que se queira e o purtugués... é buscarlle tres pés ao gato. --. HombreDHojalata.conversa 4 de abril de 2015 ás 22:11 (UTC)[responder]
Gústache máis así? Eliminei todo o rastro do portugués, pero o título debe quedar como está. Creo que as razóns expostas son suficientes para mantelo, e para manter a redirección. --XoioÉche o que hai 4 de abril de 2015 ás 23:36 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Capacidade cranial. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 13 de xuño de 2019 ás 03:10 (UTC)[responder]