Conversa:Canón do Sil

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

como fixestes pra reduci-las imaxes???--Luimipi 14:17, 29 maio 2006 (UTC)

En [1] presentacho moi claro. Hai que engadir despois do nome da foto unha barriña (|), o tamaño en pixeles q queres da imaxe (creo q lle puxen 300px), outra barriña e left ou right ou thumbnail dependendo de onde queres que vaia a imaxe e outra barriña e o que queiras engadir. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.57.170.176 (conversacontribucións) o 29 de maio de 2006 ás 15:25

Cómpre emendar unha graia.[editar a fonte]

Excelente artigo. Só son quen de albiscar un erro: ao final, no primeiro parágrafo baixo o epígrafe "Un número case ilimitado de rutas naturais", di "é un momento ideal para encontrar os seus muíños e baixar dende o mosteiro ata a orilla do Sil onde estaba o antigo embarcadeiro". Coido que cómpre sustituir "orilla" por "beira", "ribeira" ou "marxe". —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.36.169.176 (conversacontribucións) o 28 de agosto de 2006 ás 23:26

Feito! Feito! polo propio enderezo IP 81.36.169.176 nesta edición. --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 13:26 (UTC)[responder]

Títulos das seccións[editar a fonte]

Os títulos das seccións son, cando menos, pouco neutrais e semellan propios dun folleto, non dunha enciclopedia. Algunha idea para cambialos? --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 13:28 (UTC)[responder]

Por exemplo, poderían unirse as dúas primeiras seccións nunha soa co título "Características" e a última "Actividades de lecer" (ou "sendeirismo" a secas). Paréceche? --Paradanta (Cóntame) 5 de abril de 2013 ás 13:31 (UTC)[responder]
Estou a ver que o texto en xeral é demasiado entusiasta. Voulle facer uns arranxiños para neutralizalo un chisco. --Paradanta (Cóntame) 5 de abril de 2013 ás 13:33 (UTC)[responder]
Estruturei de novo o artigo por seccións como estiven a facer para outros espazos naturais, e seguindo como referencia ao de concellos. Non sei moi ben se é preciso unha sección de sendeirismo. Mgl.branco (conversa) 28 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)[responder]