Conversa:Bibliografía de Martín Sarmiento

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

A bilbliografía na páxina de Frei Martiño Sarmiento era excesiva pero me temo que a solucion non é crear unha páxina de bibliografía porque non se corresponde cos obxectivos da Wikipedia. Haberá que pensar outra solución, non estou seguro se entra dentro dos obxectivos de Wikisource. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:18, 11 novembro 2009 (UTC)

  • Refíreste a deixar a páxina de Sarmiento como está agora pero no canto de ligar a bibliografía noutro artigo, facelo a unha entrada de wikisource? --Atobar (conversa comigo) 16:25, 11 novembro 2009 (UTC)
  • Refírome a que o artigo conteña unha bibliografía como calquera outro artigo, e no caso de que se considere que entra dentro dos obxectivos de Wikisource que non estou seguro trasladar alí esta páxina e ter o modelo que liga con Wikisource no artigo de Frei Martiño Sarmiento. Este parece un caso excepcional o que non podemos é crear unha páxina para a bibliografía aquí. É a única solución que se me ocorre neste momento. Un cordial saúdo. --Prevertgl 16:34, 11 novembro 2009 (UTC)
  • Supoño que a función da sección "Bibliografía" é recolle-los textos de onde se tomou información para escribi-lo artigo. Esa é, polo menos, o que eu entendo. Cousa moi diferente é un catálogo bibliográfico sobre un personaxe ou calquera outro feito. Neste caso, está claro que a bibliografía que conforma este artigo (ou anexo) non foi utilizada para a súa redacción. Ó mellor, algún texto si, pero nin moito menos esta longuísima relación. Semella un repertorio de traballos e publicacións sobre a figura de Sarmiento, quizais copiado dalgún libro ou web a raíz de dedicarlle o día das letras galegas. Sería unha verdadera pena borralo porque achega comprida información para quen queira saber máis sobre Sarmiento pero non ten cabida no artigo propio, como sección Bibliografía. Pedro --Lameiro (conversa) 20:06, 11 novembro 2009 (UTC)
Tes razón, o que me lembra que de seguro que temos que engadir á lista de temas que hai que revisar nos artigos esa cuestión. Pois o único que queda para que non desapareza é envialo a Wikisource (Galifontes). Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:13, 11 novembro 2009 (UTC)
    • Non sei exactamente qué é iso do Wikisource pero o caso é que non sabemos a orixe desta bibliografía e se ten ou non dereitos; sen sabelo, supoño que non se poderá manter. Polo que vexo, o editor desta información é unha IP que a copiou na es_wiki o 20.10.2006 [1], dunha tacada, o que fai pensar nun copia-pega. Na Galipedia aparece o 12.11.2006 [2], tamén dunha IP e tamén dunha tacada, aínda que aquí di que está obtida da es_wiki (que o sacou do artigo e o pasou á páxina de conversa). Tamén a "Obra publicada" vén copiada de algures, o 15.04.2007, editada por outra IP (¿a mesma de sempre?). Tras editar estes textos, vense correccións posteriores que corroboran a idea do copia-pega, como eliminar guións que, en orixe, dividían palabras. Por se se decide borrar este artigo vou copiarme esta bibliografía no meu ordenador, que é ben interesante. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:55, 11 novembro 2009 (UTC)

Temos artigos que integran biografías bastante máis extensas que esta (41.963 bytes). Por exemplo, véxase India (64.234 bytes). --. HombreDHojalata.conversa 10 de novembro de 2017 ás 08:34 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Bibliografía de Frei Martín Sarmiento. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de febreiro de 2019 ás 00:28 (UTC)[responder]