Conversa:Bastón (célula)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Para evitar a paréntese no título, eu optaría por movelo a bastonete. --Atobar (conversa comigo) 22:02, 26 de decembro de 2011 (UTC)

Si, pero o problema é que esta célula é máis coñecida entre nós por bastón. No dicionario de Xerais veñen as dúas formas, bastón e bastonete, significando neurona fotorreceptora da retina. No VOLGA bastonete non aparece. Bastonete é un diminutivo (bastociño), e non me parece estritamente necesario dicilo como diminutivo (tampouco se di "coniño" ou "conete" da retina, que son células aínda máis pequenas). Bastonete é como o dicen os portugueses, que non sei se o tomarían do francés como teñen feito con tantas palabras. Por outra parte, que eu saiba, bastón é unha palabra perfectamente galega, mentres que a terminación -ete para un diminutivo dubido que sexa de orixe galega.
É moi antipático poñer parénteses nos títulos, e máis aínda despois para facer as ligazóns desde outras páxinas, pero ás veces é difícil de evitar (ou non se me ocorre a min porque non son moi espilido para isto). Como diferenciamos a célula "cono" da figura xeométrica "cono"? Non poden ter o mesmo título, supoño. E hai "bastóns" para apoiarse ao andar a as células "bastóns". Cando eu fixen as páxinas "transcrición" e "tradución" referidas a bioquímica e bioloxía celular, xa estaban feitas outras co mesmo título referidas a temas lingüísticos e o que se me ocorreu foi poñerlle parénteses (que o vin feito noutras wikipedias). Habería que facer páxinas de desambiguación nalgúns casos.
De todos os xeitos, se considerades que é mellor titular como bastonete eu non teño o máis mínimo inconveniente.--Miguelferig 20:05, 28 de decembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bastón (célula). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2018 ás 01:39 (UTC)