Conversa:Barbanza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Para min sempre foi O Barbanza (masculino) pero vexo que a cousa non está tan clara.

  1. Nós temos, como outras veces, de todo un poco: Península do Barbanza, Comarca da Barbanza, Arca da Barbanza ("o maior dolmen da ruta megalítica do Barbanza", dicimos), Centro Arqueolóxico do Barbanza, Autovía do Barbanza.
  2. A GEG, a Barbanza (feminino)
  3. Nun folleto turístico: Serra do Barbanza.
  4. Outro (xa vello) "A Barbanza" (así en femenino, como gustaba expresarse don Ramón Otero Pedrayo)
  5. Nos primeiros 20 resultados da web de Turgalicia, 15 falan do Barbanza; só 1 da Barbanza; outro de Barbanza; e 3 non definen xénero.

¿quen pode dar luces sobre isto? Pedro --Lameiro (conversa) 12 de setembro de 2016 ás 20:43 (UTC)[responder]

Se hai un río Barbanza eu entendo que debería ser do Barbanza, eu sempre usei do. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 14:56 (UTC)[responder]