Conversa:Barbantesa

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

De que fala esta páxina? Inicialmente parece que está a falar da especie Mantis religiosa (que nin sequera está redireccionada), pero despois pasa a dicir que "a maioría das especies son...", polo que parece que fala de varias especies.--Miguelferig (conversa) 4 de marzo de 2017 ás 20:00 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 4 de marzo de 2017 ás 20:53 (UTC)[responder]

¿15 cm?[editar a fonte]

Dise no artigo que a lonxitude deste insecto "rolda os 15 centímetros nun exemplar adulto", sen achegar referencias. En Bioenciclopedia mide de 5 a 7,5 cm; en Muy Interesante adoita medir uns 6-7 centímetros; en Fauna do Ebro, mide entre 4 e 7 cm; en Granada natural miden entre 6 (os machos) e os 7,5 cm (as femias); en asturnatura miden entre 8 (os machos) e 12 cm (as femias); en National Geographic parece ser que alcanzan alturas [sic] de hasta 15 centímetros. Unha referencia de peso (Sea-entomología) describe a familia Mantodea, aínda que non atopo que tamén describa a especie en concreto, e di que "Los mantodeos (mantis, santateresas, rezadoras) son insectos de forma casi siempre alargada y tamaño mediano o grande, oscilando entre 1,5 y 8 cm los de la fauna ibérica, pero llegando a alcanzar los 16 cm muchas especies tropicales". Como queira que o noso artigo describe unha especie ibérica, voume quedar con ese tamaño máximo de 8 cm, e corrixir os 15 cm que nos daba aquel primeiro editor xa no ano 2006. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de decembro de 2021 ás 22:43 (UTC)[responder]

Canibalismo sexual[editar a fonte]

Tamén se pide referencia para a afirmación de que "Isto [a decapitación e a desconexión cerebral] significa que a cópula prosegue aínda cando o macho está sendo devorado". Aquí a tendes: en Granada natural explícase así: "Con frecuencia la hembra se come la cabeza del macho, quedando este decapitado. Parece ser que este hecho estimula la capacidad reproductiva del macho. El apareamiento puede durar unas dos horas. Al final de la cópula la hembra puede terminar de devorar al macho o bien dejarlo, en el segundo caso si el animal está decapitado puede vivir hasta 24 horas más". Pedro --Lameiro (conversa) 13 de decembro de 2021 ás 22:55 (UTC)[responder]