Conversa:Avelina Mouzo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Creación do artigo[editar a fonte]

O artigo sobre Avelina Mouzo foi creado no seu día e borrado tras votación a primeiros de 2015. Naquel momento eu mesmo participei do debate e considerei que había razón para o seu borrado. Porén, despois dun ano, opino de xeito diferente e decisín recuperar o artigo, engadindo máis motivos para o seu mantemento:

  • A importancia histórica de Avelina Mouzo é notable: non só foi a persoa máis vella de Galicia durante vai para tres anos, senón que é a cuarta persoa máis vella de Galicia e unha das poucas supercentenarias da historia do país.
  • As persoas máis antigas de cada país adoitan ter artigos en todas as úas wikipedias.
  • Outras persoas foron creando artigos sobre anciáns moi lonxevos na propia Wikipedia galega.
  • A figura de Avelina Mouzo está cada vez máis documentada e apoiada na bibliografía.

--Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de xaneiro de 2016 ás 14:46 (UTC)[responder]