Conversa:Autoidentificación

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Atobar acaba de suprimir o adxectivo nacional que acompañaba ao substantivo Estado. Trátase dun parágrafo que expón o pensamento político de Fraga, non o de Atobar, e é evidente que para Fraga o Estado español é un Estado nacional. Eu podo coincidir con Atobar na súa maneira de entender o Estado, pero se trata de sermos fieis á concepción de Fraga, nun artigo que expón un aspecto do pensamento político do mesmo. Non parece enciclopédico introducir ideas propias en artigos sobre concepcións alleas. É como se un nacionalista español no artigo de Beiras, substitúe nación por rexión para referirse a Galicia.--91.116.158.144 17:42, 22 de setembro de 2010 (UTC)xalundes--91.116.158.144 17:42, 22 de setembro de 2010 (UTC)

  • Ip, tan sinxelo como que sempre falamos de Estado Español. Endexamais escotei o de Estado Nacional Español. Intercalarlle ese adxectivo si é sesgalo, non ao contrario. Por outra banda, eu, coma todos, teño as miñas opinións políticas, pero de ningunha maneira trato de expoñelas na Galipedia, pois non é o lugar. --Atobar (conversa comigo) 17:46, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Atobar nunca escoitou Estado nacional español, ben, non se trata do que Atobar teña escoitado se non de se, para Fraga Iribarne, o Estado español é un estado nacional ou non. Xustamente o alicerce da súa proposta consistía en que sí o era, por iso o concepto de autoidentificación era unha alternativa pretendidamente galeguista aos que entendían que o Estado español era un Estado plurinacional e, xa que logo, debería recoñecer o dereito de autodeterminación. Eu podo estar dacordo con iso, pero neste artigo a cuestión non é tanxencial ou menor se se quere expoñer o concepto tal e como foi formulado. Sobre o que é un Estado nacional recomendo a Atobar, entre a infinidade de bibliografía, os seguintes libros: Federalismo e autonomía de Enric Argullol en Edicións Ariel, Curso de Derecho Constitucional de Javier Pérez Royo en Edicións Marcial Pons, O Sistema Político Galego de Ramón Máiz e Francisco Caamaño e outros en Edicións Xerais, a Nación Incesante, conversas con Xosé Manuel Beiras en Edicións Sotelo Blanco e Contra o Estado Nación de Gurutz Jauregui Beriziartu. --91.116.158.144 18:14, 22 de setembro de 2010 (UTC)xalundes--91.116.158.144 18:14, 22 de setembro de 2010 (UTC)

Podo trabucarme pero Fraga non é dos que utilicen a expresión Estado español, Fraga fala do carácter nacional de España, e desde ese sentido ten sentido o de España como Estado nacional que penso que é o que refire o texto, a pertenza de Galicia á nación española que é o que asume a autoidentificación fraguiana sen discutir a existencia do pobo galego como entidade propia e diferenciada.--Cheluco 18:55, 22 de setembro de 2010 (UTC)
  • Dáme a impresión de que isto se encerella innecesariamente. Estado español, España, é unha entidade "institucionalmente" falando superior a Galiza, e a UE superior a España. Iso non é así porque o pense ou deixe de pensar Fraga. Figura así, recoñécese así internacionalmente a data 22 de setembro de 2010. Iso é do que trata o texto. O concepto que Fraga define e que dá título ao artigo, xa van ao longo do artigo. Non estamos a discutir se é un Estado federal, plurinacional, das autonomías, centralista, nacional etc. Estamos unicamente a facer unha redacción sen sesgos dunha ou outra cor. --Atobar (conversa comigo) 21:17, 22 de setembro de 2010 (UTC)
  • Tan innecesariamente como que unha redacción deste tipo, en estilo indirecto, non emprega as palabras do outro senón as propias. Explícome: se o que está en cuestión fose unha cita textual habería que recoller aquí, palabra por palabra, o que o autor en cuestión (neste caso Fraga) escribiu. Pero este artigo ten outra forma, e nesa forma só cabería recoller o Estado Nacional nunha redacción do tipo "Fraga definiu o concepto de Estado Nacional, que consiste en...". Coa redacción que ten actualmente, ao falar de Estado o artigo fala da idea de estado que ten o redactor, non o autor citado. Espero ter sido suficientemente pedagóxico. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:26, 22 de setembro de 2010 (UTC)