Conversa:Augusto Assía

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dado que a páxina é biografía de "Felipe Fernández Armesto, coñecido tamén como Augusto Assía", non sería mellor que o seu título fora Felipe Fernández Armesto, e que Agusto Assía redirixira cara a el? --XoioÉche o que hai 00:54, 21 de abril de 2012 (UTC)

Na EGU o artigo chámase Fernández Armesto, Felipe e na GEG chámase AUGUSTO ASSÍA. Na Galipedia o criterio é o nome máis común (Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos). --. HombreDHojalata.conversa 09:53, 22 de abril de 2012 (UTC)
1. O que diga a EGU e mais a GEG non vén ao caso.
2. O que si viría ao caso é saber cal destes dous nomes é o verdadeiro nome do personaxe. É Felipe Fernández Armesto.
3. Se o criterio da Galipedia é que o artigo se titule co nome máis común, non teño nada que opoñer (aínda que no teño datos de cal dos dous o é, e aínda que vaia en contra da miña opinión que, evidentemente, non importa ante o criterio superior).
4. Dando por suposto que Augusto Assía sexa o máis común, daquela o normal sería comenzar o texto do artigo, por exemplo, como: Augusto Assía é o pseudónimo co que se adoita coñecer ao xornalista Felipe Fernández Armesto..., e non ao revés.
5. Polo tanto, deixemos aquí o asunto, e moitas grazas por contestares. --XoioÉche o que hai 00:52, 23 de abril de 2012 (UTC)
Retomando o asunto. Penso que o que din outras enciclopedias galegas si ven ao caso. Que unha delas nome o artigo polo pseudónimo demostra que é de uso habitual (descarta que fora un pseudónimo pouco habitual ou que se empregara puntualmente, como hai moitos).
Unha cousa é o título e outra o encabezamento. A comunidade da Galipedia (ningún ente superior) decidiu/adoita seguir o criterio de empregar o nome máis común no título (para dúbidas, insisto, consúltese WP:CDN, debátase na súa páxina de conversa, etc) e comezar a redacción do artigo co nome completo, seguido dos pseudónimos e demáis. --. HombreDHojalata.conversa 08:41, 23 de abril de 2012 (UTC)

Se queres retomar o asunto, retomemos. Pero, por favor, trata de ler coidadosamente o que escribo.

  • 1. Non dixen nunca que a Galipedia (ou a comunidade da Galipedia, como dis agora) fose un ente superior, senón que o que quixen dicir (parece que non quedou claro) é que o criterio da Galipedia, dentro da mesma, é superior ao meu e que, como membro que son dela, teño que acatar, cumprir, seguir, como de feito o fago, igual que fago noutros asuntos nos que non concordo (por exemplo, na fórmula dos cabezallos de artigos-biografías nado en en lugar do moito más correcto desde o punto de vista gramatical —como creo que demostrei no seu día— nacido en; ou no de titular os artigos de especies animais ou vexetais polo nome vernáculo no canto de polo nome científico (por exemplo Lobo, en vez de Canis lupus), asunto no que non son o único discrepante, pero que tamén acato.
  • 2. Con todo o respecto, que unha das enciclopedias galegas nomee o artigo polo pseudónimo, non demostra que sexa de uso habitual, senón unicamente que é o criterio do redactor (ou do Consello de Redacción) de dita enciclopedia.
  • 3. Para que vexas com si cumpro os criterios, mira Juan Fernández-Armesto Fernández-España#Traxectoria.
    En calquera caso, encantado de falar, e debater, contigo.--XoioÉche o que hai 12:28, 23 de abril de 2012 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Augusto Assía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 09:40 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (novembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Augusto Assía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de novembro de 2018 ás 02:54 (UTC)[responder]