Conversa:Associaçom Galega da Língua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

AGAL com reconhecimento internacional[editar a fonte]

A AGAL está sendo reconhecida internacionalmente e presta óptimos servizos à Galiza e à lingua galega. Deberia se dizer aqui que ela conta com membros na América do Sul, nomeadamente no Brasil.

Pequenas mudanzas[editar a fonte]

Ola. Acabo de facer algunhas mudanzas no atigo que detallo aquí.

  • O logotipo da asociación estaba ao final de todo do artigo e sen identificar. Coloqueino na zona superior dereita e engadinlle un pé que aclara o que é.
  • O artigo contiña unhas ligazóns adicionais sesgadas, xa que só facía referencia a cousas que constitúen a antítese deste artigo, isto é, versa sobre a AGAL (reintegracionista) e as ligazóns eran ao ILG, RAG e as normas oficiais do galego (non reintegracionistas). Para manter un pouco a necesaria equidistancia engadín ligazóns para reintegracionismo e lingua portuguesa, que son artigos cuxo punto de vista coido tamén necesario para entender este.

N.º de socios[editar a fonte]

Na redacción actual do artigo afírmase que «No ano 2007 conta con 474 asociados». Non sei de onde saíu o dato, pero sería necesario corroboralo con fontes. No Google só atopei unha noticia que fale do tema [1], pero non especifica o número. Se non hai fonte ningunha, propoño suprimir o dato.


--Rosamf 12:48, 26 xuño 2009 (UTC)