Conversa:As Meninas

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arranxo de imaxes[editar a fonte]

Quédame pendente engadirlle algún texto máis ó artigo (algunha información puntual e arranxa-la que xa hai escrita), mentras sería boa cousa que alguén puidese botarlle un ollo ó artigo da es.wiki pra ver se pode arranxa-las imaxes do mesmo xeito (eu non me atrevo porque non controlo diso). Grazas e abur!--Lala Lugo 17:11, 24 agosto 2009 (UTC)

Meninas ou Meniñas?[editar a fonte]

Movín a páxina cara a "As Meninas" pra empezar a traducir tódolos títulos de obras pictóricas dacordo ó que se debatera sobor da galeguización dos títulos fai semanas... A miña dúbida é: "Menina" ou "Meniña"? No artigo (traducción da es.wiki) apunta que a palabra "Menina" substituía no seu día a "paxe", pero buscando nun diccionario de portugués atopo "pajem" pra referirse a "paxe" e non "Menina". "Menina" é o equivalente a "Meniña" en galego, pero non sei se este último significado concorda co papel das nobres da obra, que foron as que deron lugar ó título... Opiniois? Grazas e abur!--Lala Lugo 17:29, 5 setembro 2009 (UTC)

  • Esta creo que é unha excepción, tanto pola propia palabra, unha palabra portuguesa que tomou o castelán pero á que lle variou o significado, dama da corte. De feito ás outras linguas non a traducen, agás o francés, traducilo a meniña faría que o título perdese o significado (tería que ser damas da corte e de feito a única meniña do cadro é a infanta) e menina non é unha palabra galega polo que non tería sentido que fose co artigo galego. Desde o meu punto de vista este título é unha excepción e non se debería traducir.--RNC 18:43, 5 setembro 2009 (UTC)
  • Concordo. Pois tamén é verdade. Non caera, pero é así. --Atobar (conversa comigo) 18:53, 5 setembro 2009 (UTC)

Gústame moito máis "Meninas" pero supoño que será por te-lo oído adoito a esa forma, e "meniñas" sóame artificial. Pero o cast. "menina", que daría o galego "meniña", non só sería niña pequena, senón "Dama de familia noble que desde muy joven entraba a servir a la reina o a las infantas niñas" (DRAE). Tamén existe menino: "(Del port. menino, niño). Caballero de familia noble que desde muy joven entraba en palacio a servir a la reina o a los príncipes niños." Creo que ese matiz de "desde muy joven" é importante, xa que nese momento sí que son, sensu estricto, meniñas=miniñas; e no Diccionario de Diccionarios son varios os que amplían o significado a "mozas, jovencitas". Outro aspecto a ter en conta é o matiz cariñoso que teñen moitos diminutivos galegos, é dicir, que o sentido recto de meniño será niño pequeno, pero parece ter máis aplicacións (máis idades, quero dicir). Insisto en que, neste caso, cadra máis "Meninas", pero como di RNC por ser un caso particular. Pedro --Lameiro (conversa) 19:28, 5 setembro 2009 (UTC)

Referencias[editar a fonte]

Deixo sen engadir unhas referencias a propósito porque preciso verifica-lo nome dos libros dos que saquei a documentación. Coméntool aquí por se alguén pensa erróneamente que é unha cuestión de veracidade e decide eliminar contidos; nada máis lonxe. Saúdos.--Lala Lugo 20:43, 26 de xullo de 2010 (UTC)

Referencias engadidas--Lala Lugo 18:58, 15 de setembro de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en As Meninas. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 08:31 (UTC)[responder]