Conversa:Artrópodos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Título en plural[editar a fonte]

Solicito que se lle cambie o título ao artigo e que se poña en plural, Artópodos en concordancia con:

  • o nome científico: latín Arthropoda, "os artrópodos",
  • a propia redacción do cabezallo, que comeza: "os artrópodos... " e, por se isto non abondase,
  • a entrada correspondente no dicionario da RAG: artópodos.

Fago unha chamada aos administradores porque non é a primeira vez que fago unha petición igual a esta, e a medida que siga revisando artigos, seguro que encontrarei moitos máis, porque parece que o habitual —pero incorrecto— na Galipedia é a de titular os artigos referidos a colectivos en singular.
Non debería ser necesario recordar (pero parece que si o é) que os nomes dos taxons biolóxicos, agás o xénero, son substantivos (masculinos, femininos ou neutros) en plural e que, por outra parte, en latín non existe o artigo, polo que hai que mirar a desinencia.
Desta petición mon exclúo nin sequera a entrada Bacteria, páxina que se refire aos organismos unicelulares integrantes do dominio Bacteria (nominativo singular bacterium, co que o nome de cada un destes organismos en particular, segundo as normas de adaptación de termos grecolatinos debería se bacterio —do mesmo xeito que un organismo dos artrópodos (Arthropoda) é un artrópodo, e non unha artrópoda— pero que, por razóns que descoñezo, a Academia sanciona como unha bacteria). Atendendo a esta circunstancia, a páxina debería tiutularse Bacterias, e o cabezallo podría comezar, como agora, "unha bacteria é...", ou por outra fórmula, máis axeitada ao novo título, como "as bacterias son...". --XoioÉche o que hai 9 de xaneiro de 2013 ás 17:34 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Xoacas(ti si que es lindo, ho) 9 de xaneiro de 2013 ás 21:42 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Artrópodos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 08:19 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Artrópodos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 16 de outubro de 2019 ás 21:27 (UTC)[responder]