Conversa:Armadillos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cambio de nome[editar a fonte]

Penso que, de acordo con outros artigos similares da Galipedia, debería cambiarse o título de este artigo polo de Dasipódidos, e cambiar a redirección Dasipódidos → Armadillos pola contraria. --XoioÉche o que hai 22 de xaneiro de 2016 ás 19:01 (UTC)[responder]

A sección de nomes comúns interesa máis ben aos países de fala española (aínda que moitos dos nomes son indíxenas), xa que tamén varias especies viven en Brasil e Estados Unidos. Armadillo é o nome que acepta o DRAG. Procede do castelán, pero converteuse nun nome internacional usado en inglés, castelán, catalán, portugués (armadilho en Portugal, tatu en Brasil), italiano, francés (pero úsase máis tatou), mesmo euskera etc. O lóxico é chamar ás distintas especies armadillo de... O DRAG acepta tatú para unha especie.--Miguelferig (conversa) 1 de setembro de 2016 ás 17:25 (UTC)[responder]