Conversa:Armada (mariña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Segundo a DRAG a armada sería o conxunto das forzas navais dun país mentres a mariña de guerra é o conxunto dos barcos (neste caso con funcións militares). Como as forzas navais inclúen moito máis que navíos o termo correcto para se referir ao brazo naval dun exército é armada. En castelán o DRAE define igual a armada e a marina de guerra e en portugués o Priberam define marinha de guerra como o conxunto das forzas navais e aeronavais dun estado, destinadas á guerra naval mentres armada é conxunto de navíos e tropas de mar. Para o Houaiss Marinha de guerra: forza militar encargada da defensa dunha nación mentres armada: No Brasil, o termo designa a totalidade dos navíos pertencentes ao Estado incorporados á Mariña de Guerra. Polo tanto para o DRAG armada e mariña de guerra non son sinónimos, non obstante para outros dicionarios, como o digalego si son sinónimos (como o é en castelán e como se adoita utilizar en portugués en moitos contextos aínda que os dicionarios recollen unha certa diferenza).--HacheDous=0 (conversa) 13 de xullo de 2018 ás 21:25 (UTC)

  • Ese último feito que comentas ("para outros dicionarios, como o digalego si son sinónimos") se cadra é en deixalo exposto nunha nota. --Atobar (conversa comigo) 14 de xullo de 2018 ás 08:01 (UTC)
Feito! Feito!--HacheDous=0 (conversa) 14 de xullo de 2018 ás 11:00 (UTC)