Conversa:Ario

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ario non era o que se considera un católico oriental, a non ser que se considere oriental por ser do oriente. Non entendo a súa inclusión, como antecedente?, de que?. Como está avaliado non o borro á espera de explicacións.--HacheDous=0 (conversa) 29 de xullo de 2018 ás 16:56 (UTC)[responder]
A ver se Norrin strange pode deitar algo de luz sobre o asunto. --Atobar (conversa comigo) 29 de xullo de 2018 ás 17:00 (UTC)[responder]
Entendo que vos referides á inclusión no Wikipedia:Wikiproxecto Catolicismo oriental. Ten todo o sentido que sexa de interese deste proxecto polos motivos seguintes: (1) foi un presbítero alexandrino, é dicir, da Igrexa de Alexandría, unha das igrexas orientais cristiás; (2) o cristianismo ariano, aínda que mais adiante se trasladou ao oeste, foi un problema inicialmente no cristianismo oriental (3) os godos arianos estabelecéronse tamén en Crimea e noutras zonas do mar Negro, antes de convertirse ao cristianismo ortodoxo. --Norrin (Fálame) 30 de xullo de 2018 ás 08:26 (UTC)[responder]