Conversa:Apoderamento
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Alguén que saiba disto debería explicar algúns conceptos que quedan confusos, como o que é “un proceso de suma cero”, qué significa “traballo reprodutivo”, ou a que ingreso se refire “o acceso ao traballo remunerado, ao ingreso”. Pedro --Lameiro (conversa) 12:11, 20 outubro 2007 (UTC)
- De onde sae empoderamento? Non será apoderamento ou, coma no portugués delegación de autoridade? Cumprían referencias. --Atobar (conversa comigo) 18:51, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Polo que eu sei trátase dun termo pertencente ó argot feminista. Se non se referencia se quita do medio. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:17, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
- O CLUVI traduce empowerment de onde procede este empoderamento, que concordo en que non é correcto, como toma do poder. Pero no contexto que se utiliza o artigo non sei se será o máis axustado como tampouco entendo o de delegación de autoridade (non creo que se pretenda que lle deleguen autoridade, senón exercelo de seu, por dereito), o fenómeno parece que se refire a toma de conciencia das propias capacidades, neste caso da muller para exercer poder.--Cheluco 19:33, 18 de xaneiro de 2011 (UTC)
- Engado referencia do termo "apoderamento", incluído na RAG dende o 9 de outubro de 2018.--Breogan2008 (conversa) 5 de novembro de 2018 ás 11:33 (UTC)