Conversa:Antón Santamarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Fixo el todo o volg? Era un bo fichaxe logo para a Galipedia. Lansbricae (Ti dirás) 18:57, 21 outubro 2007 (UTC)

Creo que se debería borrar a "referencia" que se inclúe "... versión anterior do VOLGa, inédita e que circulara anos atrás como fotocopia en mans de tódolos que traballaban na lingüística en Galicia.": ¿como se pode saber que "circulara en mans de tódolos que ? Non creo que haxa un censo de traballadores "na(sic) lingüística en Galicia" e menos que todos eles tiveran tales fotocopias de tal obra... dá a impresión de que fose o "top manta" da lingüística ---- Maañón00 (o que ho?) 08:56, 10 novembro 2007 (UTC)

Pódese saber porque era vox populi. Non creo que houbese maior problema institucional porque as versións do VOLG circulasen clandestinamente, máis ben diría que era algo promovido ou permitido mentres non se publicaba en papel. Non era un top manta, máis ben era como un cassette limpador: non se conseguía por moda, senón porque quen o quería era porque tiña certas necesidades. Non creo que a referencia se deba borrar, aínda que si estaría mellor no artigo do VOLG: é indicadora de como evolucionou a norma ortográfica. Respecto ó de "todos" ou non, é un xeito de falar, pero se se atopa unha expresión equivalente que amose que era unha distribución xeralizada, marioritaria e clandestina, por min non hai problema. Por outra banda, o VOLG fíxoo con M. González. --Flag of the Sahrawi Arab Democratic Republic.svg Sobreira (parlez) 20:27, 10 novembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Antón Santamarina. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 31 de agosto de 2018 ás 19:55 (UTC)