Saltar ao contido

Conversa:Albanelaría

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

O artigo pon:

  • trasdós[1]: é a cara que dá ó interior da construción;

[1]↑ Do italiano "estradosso", este do latín extra, fora, e dorsum, dorso

Penso que o exacto en galego é extradorso, así aparece en digalego.com, sendo trasdós ou extradós en castelán.

  • Cambio tradós por extradorso.--213.60.41.113 19:32, 5 abril 2010 (UTC)

Outra cousa que pon o artigo:

  • perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;

Mais o perpiaño non é un sistema, é un elemento, simplemente unha pedra [1], e ao sistema ao que se refire o artigo supoño que é o cadeirado [2], que estaría incluído dentro da cantaría.

  • Non fago cambio ningún que non estou seguro de estar no certo --213.60.41.113 20:08, 5 abril 2010 (UTC)

Bueno, e finalmente dicir, que o artigo non trata, de momento, sobre a albanelería en xeral [3], senón que só trata as "fábricas de pedra". Aquí defínese que "A albanelaría é a técnica de colocación de pedras para a construción", mais abrangue máis que as pedras, creo.--213.60.41.113 20:08, 5 abril 2010 (UTC)

  • Boas, ip. Pois eu anímote a que choies no artigo e o completes tanto como che sexa posíbel. Os demais axudaremos no que poidamos. Eu con pouquiña cousa, que disto sei ben pouco. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:12, 5 abril 2010 (UTC)
    • Non estou tan seguro de que perpiaño sexa só a pedra regular. No Xerais significa tanto a pedra como a parede feita con esas pedras, o que o faría equivaler a sistema de construción con pedras (=perpiaños). No DRAG só significa a pedra. No Dicionario Visual da Construción tampouco me queda claro: falan de arco perpiaño e de paredes e paramentos de perpiaño. Supoño que, na práctica, perpiaño=sillar e perpiaño=sillería. A opción de cadeirado con este significado tamén a atopo no Xerais pero non no DRAG nin no D. Visual da Construción. Pedro --Lameiro (conversa) 23:31, 5 abril 2010 (UTC)