Conversa:Abra longicallus

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Descubridor[editar a fonte]

Miguelferig, a referencia pon que o que descubriu esta especie é un tal Sacchi, o problema é que en ningures dou atopado o seu nome, en todos lados aparece só co apelido e o ano, supoño que o ano no que fixo a descrición da especie. Sabes onde podería atopar o nome desta persoa? Mirei algo en en.wiki e noutras fontes e non din atopado nada... Ademais, precisaría algún sitio onde buscar información destes persoeiros porque tiven bastantes problemas con outras especies... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2020 ás 13:20 (UTC)[responder]

A miña resposta, Elisardojm, é esta: o nome do descubridor ou descritor é unha abreviatura ou nome curto na maioría dos casos e escríbese en versalita, polo que non se dá o nome completo. Neste caso, a miña opinión é que está mál escrito e probablemente se trata de A. Scacchi (e non Sacchi). A referencia orixinal da descrición da especie creo que é:

(Tellina longicallus Scacchi, 1835). Scacchi A. 1835. Notizie intorno alle conchiglie ed a' zoofiti fossili che si trovano nelle vicinanze di Gravina in Puglia. Annali Civili del Regno delle Due Sicilie 6: 75-84; 7: 5-18, 2 pl. [the date of vol. 6 often stated as 1834, but both issues stated as published later than 8th October 1835 by Cretella et al., 2005] page(s): 79; pl. 1 fig. 6.

Parece ser que Scacchi describiu primeiro a especie no xénero Tellina, pero hoxe o nome aceptado para a especie é Abra longicallus. (Ver Molluscabase - Tellina longicallus e tamén Molluscabase - Abra longicallus).
Como adoita ocorrer en nomenclatura zoolóxica, o nome cambiou varias veces segundo os autores ían propoñendo nomes, pero ao final se lle dá preferencia a un dos nomes segundo uns criterios que se aplican. Os sinónimos que foi tendo esta especie foron:

  • Abra longicallis (Philippi, 1844) (unjustified emendation of longicallus (Scacchi, 1835))
  • Abra longicallis var. americana Verrill & Bush, 1898
  • Abra longicallus americana Verrill & Bush, 1898
  • Erycina longicallis Philippi, 1844 (unjustified emendation of longicallus (Scacchi, 1835))
  • Ligula profundissima Forbes, 1844
  • Syndosmya tellinella Seguenza, 1876
  • Tellina longicallus Scacchi, 1835

Como ves, á parte de que a cambiaron para o xenero Abra, hai unha discrepancia coa escritura da especie (longicallus ou longicallis), xa que moitas veces non a fan concordar ben en xénero, número e caso, segundo a gramática latina. Tamén o ano varía de 1836 a 1835. Finalmente hai bases de datos que poñen Sacchi (ITIS, COL), pero outras varias poñen Scacchi. O ITIS, que pon Sacchi, na mesma páxina pon tamén Scacchi, polo que penso que debe ser un erro. As que poñen Abra longicallus Scacchi 1835 son numerosas: Molluscabase, WoRMS, Marine Bivalve Shells of the British Isles, GBIF, IRMNG, Biota, MarBEF Data System - European Register of Marine Species ... Eu creo que este último é o nome correcto aceptado da especie, pero tampouco son un especialista en moluscos.

En canto a Scacchi, creo que o seu nome completo era Arcangelo Scacchi (ver na wikipedia italiana Arcangelo Scacchi). Era xeólogo, estudoso das cunchas e naturalista. Ten un catálogo publicado sobre conquioloxía (cunchas de moluscos) dos mares italianos.--Miguelferig (conversa) 24 de febreiro de 2020 ás 17:39 (UTC)[responder]

Vaia lea, moitas grazas Miguelferig, cambiei o artigo segundo ti comentas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de febreiro de 2020 ás 22:23 (UTC)[responder]