Conversa:3-hidroxi-3-metilglutaril-coencima A

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Titulei esta páxina co nome completo da molécula, 3-hidroxi-3-metilglutaril-coencima A, que é un pouco longo. Ganas me deron de poñer simplemente HMG-CoA como fixeron na wiki en inglés, pero mudei de opinión para non poñer no título a abreviatura. Estes nomes químicos son unha complicación ás veces, e soe haber varios sinónimos que se foron usando ao longo dos últimos anos e seguen estando na literatura científica. De todos modos puxen redireccións a tres nomes máis: HMG-CoA, 3-hidroxi-3-metilglutaril-CoA e beta-hidroxi-beta-metilglutaril-CoA. Agora igual alguén escribe 3-Hidroxi... (con H maiúsculo) ou con ou sen guións ou coenzima A (con Z, aínda que puxen algunha redirección con Z) e xa non lle servirán as redireccións. Ademais, segundo a IUPAC os nomes que empezan por números (como este) ou letras gregas considérase que a letra primeira vai en maiúscula ao comezo de frase. Isto ocorre continuamente en inglés, onde moitas veces non usan artigo, pero a nós practicamente só nos pasa nos títulos (precisamente!), polo que tería que ser 3-Hidroximetil-3-metilglutaril-coencima A.-Miguelferig (conversa) 21:15, 11 de marzo de 2012 (UTC)