Conversa:25 de novembro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Na páxina 25 de novembro incluímo-la celebración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

O problema é que na rede aparecen corenta formas diferentes de denomina-la efeméride, sen que ningunha delas teña realmente uso preferente sobre as demais:

Estes son só uns exemplos copiados das webs que se indican. Se buscara máis posibilidades seguro que atoparía máis formas de denominalo. ¿Cal credes que sería a forma máis "oficial", máis estandarizada? Temos unha semana para decidirnos. Pedro --Lameiro (conversa) 00:31, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Eu polo que vexo na televisión o máis empregado nese medio é "Violencia de Xénero" --Banjo tell me 00:44, 17 novembro 2007 (UTC)
  • A min iso da violencia de xénero paréceme un eufemismo. Ante todo o que hai que saber e se o día é contra a violencia de xénero (dous xéneros: home, muller) ou para a eliminación da violencia contra a muller especificamente. Dependendo de que vaia o asunto xa podemos eliminar a metade das formas diferentes. AlberteSi, digame? 11:11, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Estou de acordo en que violencia de xénero non é un termo moi afortunado. Supoño que quen establece eses días mundiais é a ONU, e esta especifica a denominación www.onu.org, polo que creo debería ser a mellor alternativa. Lansbricae (Ti dirás) 11:20, 17 novembro 2007 (UTC)
  • Si, concordo en que o mellor é facerlle caso á ONU. Quedaría entón: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. AlberteSi, digame? 11:24, 17 novembro 2007 (UTC)

En http://www.un.org/depts/dhl/spanish/violence/index.html podedes ve-la historia deste Día, declarado, efectivamente, polas Nacións Unidas. Concordo co termo "violencia de xénero" tivo que ser unha forma politicamente correcta introducida despois, pero non é este o momento de discutir se nos parece unha denominación afortunada ou non, nin si nalgúns casos hai ou non violencia tamén contra o home. O que intentaba dilucidar era a forma "oficial" para que así constase nas nosas efemérides. E parece ser que vai ganando a de Día Internacional de a Eliminación da Violencia contra a Muller. Pedro --Lameiro (conversa) 11:34, 17 novembro 2007 (UTC)

  • Claro, xa foi o que dixen e puxen a mesma ligazón que volveches a poñer ti o texto que interesa literalmente é: "El 17 de diciembre de 1999, a través de la resolución 54/134, la Asamblea General ha declarado el 25 de noviembre como el Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer" polo que queda esclarecido totalmente. Aproveitar e opinar sobre o que se pensa sobre o termo violencia de xénero que gosta moito nos mass media pois é un xeito máis de comunicarnos pero na oficialidade do termo a usar non hai dúbidas. Lansbricae (Ti dirás) 11:41, 17 novembro 2007 (UTC)