Conversa:1984 (novela)

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

  • Cambiei o de Jura porque xa o comprobara e o artigo da illa escocesa chámase Jura non Iura, se está mal deberíase arranxar ese artigo. Despois non estou dacordo coa modificación na primeira frase co de moitas veces denominado 1984, porque na tradución en xeneral: castelá, catalá, eúscara, francesa, etc, (non atopei ningunha en galego) é 1984, así que penso que debería ser (1984) simplemente. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:41, 5 febreiro 2008 (UTC)
  • O de Jura foi erro meu, perdón, cría ter visto por algún lado o de Iura. Desgraciadamente o Nineteen Eighty-Four non está traducido ó galego polo que ten que levar o título orixinal. AlberteSi, digame? 23:52, 5 febreiro 2008 (UTC)
  • Xa o sei, refírome a frase seguinte, o de (moitas veces denominado 1984), non o podemos cambiar por xeneralmente traducido por 1984, porque na maioría das linguas é a denominación da obra agás na inglesa, obvio, ;). Saúdos. Alma (fálame eiquí) 23:54, 5 febreiro 2008 (UTC)

Engadinlle o nome dos ministerios na neolingua porque me parecía un dato interesante, parecevos ben? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Afabe (conversacontribucións)

Eses engadidos están tirados da versión en galego do libro ou da castelá? Se é da primeira, vale, senón non. Ou no orixinal ou na lingua desta wiki, Afabe. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:37, 1 de maio de 2012 (UTC)

Son da versión en galego, que tiven que lela hai pouco e pareceume un dato interesante a engadirlle.

Observacións e posibles erros[editar a fonte]

As seccións "Argumento" e "Trama" repiten información. Na primeira lígase co "Ministerio do amor" e o "Ministerio da verdade", pero non co Ministerio da Paz nin o Ministerio da Fartura, perro na sección "Trama" lígase cos catro ministerios; por suposto, ningún dos catro conta con artigo de seu, nin me parece probable que o cheguen a ter nunca polo que creo que o lóxico sería eliminar esas ligazóns. Máis: utilízase unhas veces "novafala" e outras "neolingua"; unhas veces Socin, outras Ingsoc e outras IngSoc; na sección "Argumento", un dos tres estados chámase Estasia, pero na sección "Trama" recibe o nome de "Oriasia", diferencias estas tres que deixo estar. Si que corrixín as mencións a "Irmán Grande" para unificar en "Grande Irmán", así como Julia e Xulia; tamén as ligazóns a Eurasia (supercontinente) e a Oceanía. Supoño que todo isto será consecuencia de basearse primeiro na tradución ó castelán e logo na tradución ó galego, pero non teño esta segunda para comprobalo. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de agosto de 2021 ás 20:16 (UTC)[responder]