Convento de Santa Bárbara de Delft
Convento de Santa Bárbara (Sint-Barbaraklooster) | |
---|---|
O edificio visto desde a outra banda da canle Oude Delft, na zona vella de Delft | |
Edificio | |
Tipo | Edificio histórico |
Estilo | Arquitectura gótica |
Localización | Delft Holanda Meridional Países Baixos |
Coordenadas | 52°00′27″N 4°21′30″L / 52.0075, 4.35833 |
Uso(s) | Antigos: Convento franciscano. Almacén de artillaría. Orfanato. Actual: Centro xuvenil. |
Construción | |
Construción | 1405 |
Remodelación | 1536: logo do incendio de Delft. 1572: para o adaptar como horfanato 1962: para o adaptar como centro xuvenil |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Convento de Santa Bárbara (en neerlandés: Sint-Barbaraklooster) é un antigo convento dos Países Baixos, sito ao pé da canle Oude Delft, na cidade surholandesa de Delft. O edificio pasou a ter un uso civil e na actualidade utilízao como sede social a Asociación de Estudantes Católicos Sanctus Virgilius -Virgiel- (Katholieke Studenten Vereniging Sanctus Virgilius -Virgiel-). O edificio foi declarado en 1967 monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]Algunhas das monxas franciscanas que abandonaran o veciño convento de Santa Ádega tras a Reforma protestante, durante a segunda metade do século XVI, quixeron establecer un novo convento noutro edificio da mesma cidade vella de Delft, para o cal escolleron un antigo mosteiro construído en 1405 que sufrira danos moi importantes no incendio da cidade en 1536 e que fora posteriormente reconstruído no mesmo lugar. [3][4]
En 1572, tras a derrota e a prohibición do catolicismo nos Países Baixos, o novo edificio perdeu definitivamente a función relixiosa e pasou a ter diferentes usos intercalados co de almacén de artillaría, que se desenvolveu durante boa parte dos séculos XVI e XVII.
En 1910, a función de orfanato, que se viñera desenvolvendo xa desde finais do século XVI, desapareceu e o edificio caeu en desuso, ata que en 1949 se estableceu alí a asociación estudantil que hoxe mantén no antigo convento a súa sede.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha do monumento. en Rijksmonumenten.nl. (En neerlandés)
- ↑ Schillemans, S.; Van der Kruk, A. Delft. Verleden tijd. 2013. Páxina 38.[ISBN 978-90389-2399-4] (En neerlandés)
- ↑ Datos históricos do edificio Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine.. En Architectuurgidsdelft.nl. (En neerlandés)
- ↑ Historia do edificio. En Archieven.nl. (En neerlandés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de Santa Bárbara de Delft |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chronicle of the St Barbara convent in Delft (en inglés)
- Sitio web da asociación xuvenil Virgiel (en neerlandés)