Convento de San Francisco de Tui
Aparencia


O Convento de San Antonio, popularmente Convento de San Francisco, é un mosteiro da vila de Tui, construído en 1682. Foi ocupado por membros da Orde dos Freires Menores até ser exclaustrado trala desamortización de Mendizábal. Parte, acolle, desde 1850, o Seminario Menor da diocese de Tui-Vigo, que posúe unha importante biblioteca.[1]
Arquitectura da igrexa
[editar | editar a fonte]A igrexa consta de tres naves, posúe un estilo neoclásico e unha sinxela torre campanario de dobre corpo e de escasa ornamentación.
O seu interior inclínase máis polo barroco que polo neoclasicismo. Conta cun destacado retablo maior barroco realizado en 1741 e a capela da Venerable Orde Terceira, construída en 1777.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tui Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine., en Agalicia.com (en castelán).
- ↑ Igrexa do Convento de San Francisco de Tui, ficha na web de Turgalicia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Convento de San Francisco de Tui |