Foi construído como pazo no século XVI pola última marquesa de Lago-San Sadurniño, María de la Natividad Quindós y Villaroel, Duquesa de la Conquista e Condesa de Cumbres Altas. Por desexo de seu o lugar pasou a ser convento cando o cedeu aos frades claretianos. Da súa construción orixinal só quedan dous grandes brasóns en cantería. A reconstrución data de 1914 con grandes fiestras cadradas, a balconada e os canzorros nos tellados.
Desde a súa reconstrución a comezos do século XX a casa pasou de misión para promoción da fe na zona nos primeiros cincuenta anos, a colexio internacional nos seguintes 50, polo que pasaron preto de 200 sacerdotes. Tamén deu acubillo como albergue dun seminario de adolescentes misioneiros[1].
No edificio hai unha Capela do Sagrado Corazón cun retablo preciosista e a fonte de estilo barroco.