Contra naturam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Contra naturam é unha locución latina que significa literalmente “contra a natureza”. Esta locución latina, que propiamente serve para denunciar o que é contrario ás leis da natureza, utilízase, sobre todo, nun contexto moral para denunciar aquelas relacións sexuais afastadas dos bos costumes, que se estigmatizan desde determinadas posicións ideolóxicas como contrarias ao que é natural. Nesta consideración estarían desde a homosexualidade ata a zoofilia, pasando polo incesto, sadismo, e un longo etcétera de prácticas supostamente desviadas.

Como ocorre con outras expresións latinas, adoita utilizarse incorrectamente en numerosas ocasións. Na fala corrente é habitual suprimir o [m] do acusativo latino, de modo que o máis normal é escoitar falar de comportamentos ou accións contra natura, sendo esta unha forma incorrecta, xa que a preposición contra rexe en latín o caso acusativo.

Este latinismo tamén se utiliza en contextos filosóficos, científicos ou xurídicos con sentido propio, afastados de valoracións morais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]