Constante Moreda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 ![]() Lavadores, España ![]() |
Morte | 10 de decembro de 1936 ![]() Monte do Castro, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gaiteiro, político ![]() |
Familia | |
Pai | Manuel Moreda Outeiral ![]() |
Irmáns | Lenin Moreda Vázquez ![]() |
![]() |
Constante Moreda Vázquez, nado no barrio de Cabral-Sello (naquel entón concello de Lavadores) en 1894 e finado o 10 de decembro de 1936 no Monte do Castro de Vigo, foi un gaiteiro galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Moreda Outeiral. Peiteador de profesión, compaxinou dende novo o seu traballo coa militancia no PCE. Ademais era un afamado gaiteiro que mesmo chegou a gañarlle un concurso ao mítico gaiteiro de Soutelo Avelino Cachafeiro. Arredor de 1928 formou o cuarteto Airiños de Cabral, como compañeiros tiña ao seu alumno Manuel Oliveira Blanco, na gaita, Vicente Clemata "Firma" no tambor e Román Salgueiro no bombo. A última actuación de Constante Moreda co seu grupo foi o día 18 de xullo de 1936 en plenas festas patronais de Santa Mariña de Cabral.
Foi xulgado por rebelión militar e sentenciado a pena de morte. Foi executado no Monte do Castro o 10 de decembro de 1936 co seu pai Manuel Moreda Outeiral, o seu irmán José Moreda Vázquez, Urbano Rodríguez Moledo, Manuel Núñez Álvarez, Antonio Sayar Carrera, Manuel Acuña Gómez, Fernando Costas Méndez, Luís Ferreira Vieitez, José González Andreu e Luís Martínez Román.[1] O seu irmán Alfonso Moreda Vázquez estivo agochado, foi detido e finou na prisión en abril de 1939.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Homenaje a los fusilados", La Voz de Galicia, Vigo, 11-12-2005, p. 2.