Consello de Cooperación Bibliotecaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consello de Cooperación Bibliotecaria
Tipoórgano administrativo, cooperación biblitecaria e administración pública
Campo de traballocooperación biblitecaria
Data de fundación30 de novembro de 2007
PaísEspaña
Na rede
https://www.ccbiblio.es/
editar datos en Wikidata ]
Ministerio de Educación.

O Consello de Cooperación Bibliotecaria é un órgano de coordinación a nivel estatal español no que participan as Comunidades Autónomas, tendo en conta todos os distintos tipos de bibliotecas, estando coordinadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Creación[editar | editar a fonte]

O Consello Cooperación Bibliotecaria de España foi creado pola Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas.[1] publicada no BOE núm. 150, do día 23 de xuño de 2007.

Documentos importantes do Consello[editar | editar a fonte]

Entre os varios documentos que o Consello de Cooperación Bibliotecaria deu a coñecer recentemente, como froito do traballo de grupos e comisións nos últimos anos, pódense destacar estes dous:

  • O valor económico e social dos servizos de información: bibliotecas.[2]
  • Prospectiva 2020: as dez áreas que máis van cambiar nas nosas bibliotecas nos próximos anos.[3]

En Galicia[editar | editar a fonte]

Pola súa parte, Galicia conta coa Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia,[4] publicada no DOG Núm. 122, do día 27 de xuño de 2012. O 17 de marzo de 2013 constituíuse o Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, contemplado na dita lei.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]