Saltar ao contido

Consello Oleícola Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Consello Oleícola Internacional
Imaxe
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1956 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF151946776 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000406393028 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05mwc12 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

O Consello Oleícola Internacional (COI), en inglés International Olive Council (IOC), é o único organismo internacional dedicado ao aceite de oliva e ás olivas de mesa.

Ten a súa sede en Madrid, onde foi creado en 1959 baixo os auspicios das Nacións Unidas.

Funcións e membros

[editar | editar a fonte]

O Consello contribúe de maneira decisiva ao desenvolvemento responsábel e sustentábel do oliveiral e constitúe un foro mundial onde se debaten as políticas a adoptar e se abordan os retos aos que se enfronta o sector.

Consta de 17 membros, un deles a Unión Europea, que representa a todos os países da mesma que producen olivas e aceite de oliva.

O COI creouse en 1959 para administrar os distintos convenios internacionais sobre o aceite que se foran sucedendo ao longo de máis de cincuenta anos con miras a promover o oliveiral, o aceite de oliva e as olivas de mesa.

O primeiro Convenio Internacional do Aceite de Oliva e das Olivas de Mesa aprobouse o 17 de outubro de 1955,[1] durante a Conferencia Internacional sobre o Aceite de Oliva convocada polo Secretario Xeral das Nacións Unidas e tras catorce días de negociacións entre a Federación Internacional Oleícola (FIO), a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) e o Consello Económico e Social das Nacións Unidas (ECOSOC). A dito convenio inicial (denominado Convenio de 1956), sucedéronlle outros catro:

  • Convenio de 1963
  • Convenio de 1979
  • Convenio de 1986
  • Convenio de 2005
  1. International Olive Council. "Convenio Internacional del Aceite de Oliva y las Aceitunas de Mesa" (en español). Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]