Consello Insular de Formentera
O Consello Insular de Formentera (en catalán: Consell Insular de Formentera) é a institución de autogoberno da illa de Formentera, nas Baleares, que exerce as funcións de concello e de consello insular.
Creouse en 2007 coa aprobación do Estatuto de Autonomía. O novo Consello foi constituído 45 días despois das eleccións locais do 27 de maio de 2007, o 10 de xullo do mesmo ano. Está regulado pola Lei de Consellos Insulares.
Historia
[editar | editar a fonte]O Consell de Formentera xorde logo da separación do seu órgano antecesor, o Consello Insular de Eivisa e Formentera que dispoñía o Estatuto. A proposta foi aprobada no pleno municipal o 15 de decembro de 2005, e incluída no artigo 60 do Estatuto aprobado o 13 de xuño de 2006.
O primeiro Consello de Formentera foi constituído o 10 de xullo de 2007 no antigo cine de Sant Francesc de Formentera, e escolleu a Jaume Ferrer Ribas, candidato de Gent per Formentera, como presidente.[1]
O 17 de novembro de 2009 o Consello de Formentera escolleu unha nova bandeira e un novo escudo para a corporación.[2]
Composición
[editar | editar a fonte]O Consello de Formentera está formado por trece conselleiros, que son ademais concelleiros, elixidos cada catro anos nas eleccións locais.
Eleccións de 2007
[editar | editar a fonte]As primeiras eleccións ao Consello, que tiveron lugar o 27 de maio de 2007, gañounas Gent per Formentera, unha formació localista e de esquerdas que obtivo máis de 1.100 votos e 5 concelleiros, máis de 100 votos máis que o PP, que tivo pouco máis de 1.000 e 4 concelleiros. Máis lonxe, o Partido Socialista en Formentera e o Grupo de Independentes de Formentera obtiveron 2 concelleiros cada un.
Os socialistas e Gent per Formentera chegaron a un acordo polo que Jaume Ferrer Ribas foi elixido alcalde de Formentera e, consecuentemente, presidente do primeiro Consello de Formentera.
Candidaturas | Votos | Porcentaxes | Conselleiros |
---|---|---|---|
GxF | 1.134 | 32,78% | 5 |
PP | 1.068 | 30,88% | 4 |
PSOE | 679 | 19,63% | 2 |
GUIF | 518 | 14,98% | 2 |
Eleccións de 2011
[editar | editar a fonte]Nas eleccións do 22 de maio de 2011 Gent per Formentera volveu ser o partido máis votado, pero esta vez goberna en minoría, sen conseguir acordo co PSIB-PSOE.
Candidaturas | Votos | Porcentaxes | Conselleiros |
---|---|---|---|
GxF | 1.662 | 44,04% | 6 |
S'Unió | 1.308 | 34,66% | 5 |
PSOE | 577 | 15,29% | 2 |
Lista de presidentes
[editar | editar a fonte]No. | Nome | Inicio | Fin | Partido |
---|---|---|---|---|
1. | Jaume Ferrer Ribas | 10 de xullo de 2007 | Actualidade | GxF |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Diario de Ibiza, 10/07/2007". Arquivado dende o orixinal o 24/11/2011. Consultado o 04/07/2013.
- ↑ Diario de Ibiza, 18/11/2009