Conkers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selección de boas castañas.

Conkers é un xogo tradicional infantil propio de Gran Bretaña e Irlanda. Xógase cunha castaña, normalmente do castiñeiro de Indias (Aesculus hippocastaneum); de aí o seu nome: conker aplícase tanto á semente como á propia ábore. No xogo participan dúas persoas, cada unha cun conker enroscado nun anaco de corda. Turnánse golpeandose un o outro ata que un dos conkers rompe.

Orixe[editar | editar a fonte]

A primeira mención deste xogo foi nas memorias de Robert Southey, publicadas en 1821. Nelas describía un xogo semellante no que se empregaban cunchas de caracois ou abelás. Foi soamente a partir da década de 1850 que, en determinadas rexións, se comezaron a empregar as castañas regularmente. O xogo aumentou a súa popularidade no século XX, e espallouse máis aló de Inglaterra.

Non hai certeza sobre as orixes do nome, pois hai tres posibles etimoloxías. Pode que veña da variante dialectal conker que significa "noz dura", quizais relacionado co francés conque, co valor de "buguina". Tamén puido verse influenciado polo verbo conquer ("conquistar"), xa que outros xogos anteriores que inclúen cunchas e abelás tamén se chamaban conquerors ("conquistadores"). Outra posibilidade é a de que sexa unha onomatopea, representando o son emitido por unha castaña que atinxe outro obxecto duro, como un cranio.

Conkers son tamén coñecidos como obblyonkers, cheesers ou chegger. Un cheeser é un conker cunha ou máis caras planas, mentres que chegger se usaba en Lancaster, Reino Unido contra 1920.

Regras[editar | editar a fonte]

Perfórase un conker duro suficientemente grande empregando un cravo, barrena o un desaparafusador pequeno, para despois enfiarlle polo oco un anaco de corda e poñerlle uns nós. O xogo realízase entre dúas persoas, cada unha cun conker. Cada un usa o seu propio conker para bater o do outro. Un deixa o seu conker coa corda totalmente estendida mentres o outro o golpea. O que consegue romper o conker do contrario gaña un punto. Normalmente gaña o conker máis duro.

Algúns poden durar ata un ano se se manteñen en vinagre o en verniz de unllas claro. Isto non podía realizarse e no campionato na Illa de Wight en outubro de 2005, os participantes tiveron prohibido traer os seus propios conkers por temor de que puidesen ir endurecidos.

Un factor que afecta a resistencia dun conker é a forma do buraco: un burato limpo e cilíndrico é máis forte.

Semellanzas con xogos doutros lugares[editar | editar a fonte]

Un xogo semellante haino en Porto Rico chamado gallito no cal os adversarios se colocan no centro dun círculo debuxado no chan.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro xogo de conkers con castañas do que se ten constancia foi na Illa de Wight en 1848.

En 1965 creouse o Mundial de Competicións de Conker en Ashton, Inglaterra e aínda ocorre no segundo domingo de outubro de cada ano. En 2004, un público de 5.000 virou-se para asistir a máis de 500 competidores de todo o mundo. En 1976 foi a primeira vez que un competidor non británico gañou o Campionato Mundial Masculino de Conker. O mexicano Jorge Ramírez Carrillo tomou o lugar dun competidor que non conseguiu chegar a tempo a Ashton, e derrotou o campión de 1975 na final. En 2000, Selma Becker, inglesa pero orixinaria de Austria, levou o título. Unha vez máis, o título de Raíña do Conkers permaneceu no Reino Unido, excepto en 2001, cando gañou a francesa Céline Parachou.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]