Congreso do Pobo (1955)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Congreso do Pobo foi unha reunión celebrada en Kliptown o 26 de xuño de 1955 para trazar a visión de futuro dos surafricanos. A Carta da Liberdade foi concibida na reunión e converteuse no manifesto do Congreso Nacional Africano e nun símbolo de resistencia interna en contra do apartheid.

O Congreso do Pobo estivo formado por arredor de 3000 persoas, que se reuniron en Kliptown, fóra de Xohanesburgo, o 26 de xuño de 1955.[1] A reunión non foi evitada nin prohibida polo goberno surafricano. Os delegados chegaron dende todas as partes do país até Xohanesburgo en coche, autobús, bicicleta, a pé e a cabalo. A maioría das persoas na reunión eran negros, máis algúns centos de persoas eran de ascendencia india e uns cen brancos. O obxectivo do congreso era escribir unha Carta da Liberdade que representase as aspiracións dos negros e brancos surafricanos. A finalidade era ter un voceiro que representase cada sección e despois abrir a sección a debate e discusión xeral pola reunión. Isto non sucedeu debido á intervención do goberno e cada sección foi acordada, mais non por discusión xeral.

O congreso rematou o 27 de xuño, cando foi rodeado e disolto pola policía de Suráfrica.[2] Realizáronse numerosos arrestos, confiscáronse documentos e fotografáronse os delegados.[2] O obxectivo final do congreso era recoller un millón de sinaturas o 26 de xuño de 1956 que recoñecese a creación da Carta da Liberdade.[2]

A finais de 1955, 156 activistas do Congreso Alianza foron arrestados por traizón e a mesma carta foi empregada como proba e declarada eventualmente ilegal.[3] Estes arrestos derivaron no Xuízo por Traizón de 1956.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Congress of the People Held in South Africa". Africa Today 2 (3): 10. xullo de 1955. JSTOR 4183718. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "The Kliptown Conference". Africa Today 2 (4): 6. setembro de 1955. JSTOR 4183735. 
  3. "The Freedom Charter (With a Note by Hilda Bernstein)". Third World Quarterly 9 (2): 672–677. abril de 1987. JSTOR 3991903. doi:10.1080/01436598708419993.