A pesar que Microsoft publicara un parche para reparar o fallo explotado polo verme o 15 de outubro de 2008, Heise Online estima que afectou un mínimo de 2500000 de ordenadores ata o 15 de xaneiro de 2009, en tanto que The Guardian deu unha estimación de 3500000. O 16 de xaneiro de 2009, o F-Secure declarou que Conficker infectara nove millóns de ordenadores, considerándoa a segunda infección de verme informático máis importantes tras a de SQL Slammer en 2003. o 13 de febreiro de 2009 Microsoft ofreceu unha recompensa de 250.000 dólares a quen axudase na busca e arresto dos creadores do verme.