Condado de Norfolk, Massachusetts
Condados dos Estados Unidos ![]() | |
Pazo de xustiza de Norfolk | |
![]() | |
Situación do condado de Norfolk en Massachusetts | |
![]() | |
Datos xerais | |
Estado | Massachusetts |
Sede | Dedham |
Maior cidade | Quincy |
Características xeográficas | |
Área | 1.150 km² |
- Área terra | 1.026 km² (89%) |
- Área auga | 124 km² (11%) |
Poboación | 670.850 (2010) |
Densidade | 654 hab/km² |
Website: http://www.norfolkcounty.org/ | |
O condado de Norfolk (en inglés Norfolk County) é un condado do estado de Massachusetts. Segundo o censo do ano 2010 a súa poboación era de 670.850 habitantes. A súa capital atópase en Dedham. Foi chamado así polo condado inglés de Norfolk.
Historia[editar | editar a fonte]
O condado de Norfolk foi creado o 26 de marzo de 1793 pola lexislación asinada polo gobernador John Hancock. A maioría das cidades formaban orixinalmente parte do condado de Suffolk, Massachusetts. As cidades de Dorchester e Roxbury pertencían ao condado de Norfolk cando este se fundou, pero como Boston anexionounas pasaron a pertencer ao condado de Suffolk novamente. Hingham e Hull orixinalmente estaban dentro da lexislación do condado de Norfolk aínda que pediron quedar no condado de Suffolk e en xuño de 1793 dereougouse a súa eliminación de Norfolk. Posteriormente, en 1803, entrarían no condado de Plymouth, Massachusetts. O condado foi o lugar de nacemento de catro presidentes dos Estados Unidos (John Adams, John Quincy Adams, John F. Kennedy e George H.W. Bush), resultando no alcume "Condado de Presidentes".
Xeografía[editar | editar a fonte]
Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos o condado ten unha área total de 1.150 km², dos cales 1.030 km² é terra e 120 km² (11%) é auga. É o terceiro condado máis pequeno de Massachusetts en superficie total.