Conceyu Abiertu pola Oficialidá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pancarta nunha manifestación pola oficialidade do asturiano.

O Conceyu Abiertu pola Oficialidá (CAO) é unha organización social, independente e apartidista fundada en xuño de 2004 por asociacións, sindicatos, partidos políticos e particulares que ten como fin lograr a oficialidade do idioma asturiano.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Esta plataforma xurdiu para traballar en pro de que o asturiano estea presente na próxima reforma do Estatuto de Autonomía de Asturias. Foi creado pola Xunta Pola Defensa de la Llingua Asturiana e na actualidade está apoiado por máis dun centenar de organizacións políticas (IU, Bloque por Asturies, Unidá, Partíu Asturianista, Unión Renovadora Asturiana, Partíu Carlista d'Asturies...), sindicais (CCOO, UXT, USO, SUATEA...), culturais, profesionais, cívicas, deportivas etc.

Segundo declaran, o CAO deixará de existir o día no que o asturiano consiga a oficialidade. Mentres van desempeñar un traballo pedagóxico e de concienciación social para que a oficialidade se converta en inescusable e sexa levada a cabo dende un amplo consenso social.

No 2006, o CAO comeza unha iniciativa denominada Caravana pola Oficialidá, na que se despraza unha caravana polas principais localidades de cada concello asturiano explicando aos habitantes dos mesmas a situación da lingua e a postura da organización. A principal motivación da Caravana é expandir a reivindicación lingüística máis alá dos núcleos urbanos.

Ten como principal representante a Fernando Ornosa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]