Saltar ao contido

Concello de Partille

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaConcello de Partille
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°44′00″N 12°06′00″L / 57.733333333333, 12.1
EstadoSuecia
Condadocondado de Västra Götaland Editar o valor en Wikidata
CapitalPartille (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación41.154 (2025) Editar o valor en Wikidata (697,76 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Västergötland
Q61482659 Traducir (–1973)
Q61480587 Traducir (1974–2009)
Q61480583 Traducir (2009–) Editar o valor en Wikidata
Superficie58,98 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1971 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal433 00–433 86 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webpartille.se Editar o valor en Wikidata
Facebook: partillekommunen Twitter: partillekommun Instagram: partillekommun LinkedIn: partille-kommun Youtube: UC7yQB4xzbWx0bAljhL-jlUQ Editar o valor en Wikidata

Partille é un concello sueco no condado de Västra Götaland.[1] A súa capital é a localidade de Partille, que dende hai moito tempo fusionouse coa área urbana da cidade de Gotemburgo. No mes de decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 41 060 habitantes.[2]

É un municipio suburbano diferenciado da área metropolitana de Gotemburgo (Storgöteborg). O concello de Partille está formado por catro partes xeográficas: Partille, Sävedalen, Öjersjö e Jonsered. Partille é un municipio xeograficamente pequeno pero de tamaño mediano en termos de poboación. O municipio está composto nun 60 por cento de natureza protexida.

O nome de Partille pénsase que vén da palabra medieval "Parthaella", que significa "a lousa partida". Que proveña da expresión "Passet mellan bergen" (o paso entre as montañas) tamén é unha interpretación probable, referíndose ás montañas a ámbolos dous lados do val do Säveån. Unha tercera teoría apunta á frase "porten mellan hällarna" (a porta entre os afloramentos), apuntado ao estreito paso que hai onde Jonsered se atopa co lago Aspen.[3]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello está situado na parte occidental do landskap de Västergötland e limita ao oeste e ao norte co municipio de Gotemburgo, ao sur co de Härryda, e ao leste co de Lerum, todos eles no condado de Västra Götaland.

Topografía e hidrografía

[editar | editar a fonte]

A parte central do concello estäendese ao longo do val do Säveån, bordeado por edificios e rodeado de escarpadas ladeiras montañosas e sedimentos fértiles. O terreo máis alto caracterízase por estreitos vales de fractura con marismas e turbeiras. Nas alturas estendense bosques de piñeiros que medran no leito rochoso, en ocasións intercalados con frondosas, sobre todo carballos e, en menor medida, faias.[4]

Protección da natureza

[editar | editar a fonte]

En 2025 o concello de Partille contaba con catro reservas naturais.[5] A reserva natural de Knipeflågsbergen ao suroeste constitúe unha meseta montañosa prístina, chea de fendas e cuberta de bosque natural.[4]

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

Ata o ano 2016 para cuestións de informes de poboación o concello estaba dividido en tres congregacións: Furulund, Partille e Sävedalen. A partir dese ano o municipio estäa dividido no seu lugar en dous distritos: Partille e Sävedalen.[6]

Partille é un dos dous concellos do país (o outro é Örnsköldsvik) que ten menos cantidade de distritos que de congregacións. A de Furulund separouse de Partille en 2015, o derradeiro ano con congregacións como unidades para informes poboacionais.

  1. "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2023-01-14. 
  2. "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-17. 
  3. "Partilles historia". Partille Kommun (en sueco). Consultado o 2023-01-20. 
  4. 4,0 4,1 "Partille - Uppslagsverk". www.ne.se. Consultado o 2025-03-17. 
  5. "Partille naturreservat". www.lansstyrelsen.se (en sueco). Consultado o 2025-03-17. 
  6. "Förordning om distrikt (SFS 2015:493)" (PDF). Regeringskansliet. Consultado o 17 de marzo de 2025.