Lessebo é un municipio sueco (kommun) do condado de Kronoberg.[1] A súa capital é Lessebo, pero Hovmantorp é a área urbana máis grande do municipio. A estrada nacional 25 entre Kalmar e Växjö atravesa Lessebo. En xuño do ano 2022 a poboación do concello era de 8 554 habitantes.[2]
O concello atópase no leste do condado e limita ao sur co municipio de Tingsryd, ao oeste co de Växsjö, e ao norte co de Uppvidinge, os tres en Kronoberg, e tamén cos municipios de Emmaboda e Nybro ao leste, os dous no condado de Kalmar.