Concello de Haparanda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | Condado de Norrbotten | ||||
| Capital | Haparanda | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 9.027 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa meänkieli | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 1.887,66 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Haparanda Municipality, Sweden (en) | Gunnar Rannestig (1971–1986) Bo-Erik Nilsson (1986–1996) Bengt Westman (–2002) Sven-Erik Bucht (2003–2010) Gunnel Simu (2010–2014) Peter Waara (en) Sven Tornberg (2019–2022) Nina Waara (2023–2024) Janne Lind (2024–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | haparanda.se | ||||
Haparanda é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] O concello está no landskap de Norrbotten e a súa capital é Haparanda. No ano 2024 o concello tiña unha poboación de 9 151 habitantes.[2]
O sector servizos domina a economía local que tradicionalmente dependeu fortemente do comercio fronteirizo con Finlandia.
Dende a fundación do municipio no ano 1971 e ata 1995 a súa poboación medrou, e dende entón o número de habitantes diminúe. Tras as eleccións de 2018 os socialdemócratas tiveron que ceder o poder en favor dun goberno conservador.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Karl Gustav e Nedertorneå. Nesas dúas parroquias creáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862. A zona tamén incluía a cidade de Haparanda, fundada en 1842, e que se converteu nun municipio urbano en 1863.
A reforma municipal de 1952 non tocou as divisións da zona, xa que non afectou aos condados de Västerbotten e Norrbotten.
En 1969 os concellos rurais de Nedertorneå e Karl Gustav pasaron a formar parte da cidade de Haparanda. O actual concello de Haparanda naceu coa reforma municipal de 1971 a través da transformación da cidade de Haparanda.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio de Haparanda atópase na fronteira con Finlandia e o núcleo urbano de Haparanda está na desembocadura do río Torne no golfo de Botnia. Ao norte Haparanda limita co concello de Övertorneå e ao oeste co de Kalix, ámbolos dous suecos, mentres que ao leste limita co concello finés de Tornio.
Topografía e hidrografía
[editar | editar a fonte]Por regra xeral, o os lagos e cursos de auga do concello teñen unha dirección que vai do noroeste cara o sueste, o que pode atribuírse a fisuras do leito rochoso. Nas partes orientais do municipio o substrato está formada por rochas ígneas básicas, que proporcionan un solo nutritivo. Ao redor das zonas costeiras e das illas do arquipélago, a área quedou inundada polas ondas relacionadas co levantamento do terreo, o que provocou formacións rochosas lavadas en frío, zonas con terrapléns de cantos rolados e antigas baías que se encheron de sedimentos.
O terreo ondulado deu lugar a comunidades vexetais con abundancia de especies, os chamados bloques de prados de praia (blockstrandängar). Nas illas de Sandskär e Seskar-Furö atópanse campos con dunas de area ben desenvolvidas. O río Torne é unha das zonas máis valiosas do municipio e é un dos catro últimos ríos sen explotar do país. A paisaxe vese afectada polo rápido fluxo de xeo asociado ao desxeo da primavera. O clima cálido do verán no val do río ofrece oportunidades para o cultivo, mentres que a zona está chea de especies do norte.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-08.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-27.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
- ↑ "Haparanda kommun" (en sueco). 2025-02-23.
