Concello de Bräcke
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Suecia | ||||
| Condado | condado de Jämtland | ||||
| Capital | Bräcke (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.956 (2026) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 3.783,63 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xaneiro de 1971 | ||||
| Organización política | |||||
| • Chairman of the municipal board in Bräcke Municipality, Sweden (en) | Erik Magnusson (–2006) Sven-Åke Draxten (2008–2018) Jörgen Persson (en) Richard Nilsson (2022–) | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | bracke.se | ||||
Bräcke é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland.[1] A súa capital é Bräcke, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal. En decembro do ano 2024 a poboación do concello era de 6 035 habitantes.[2]
A topografía do concello está formada por terreos moi accidentados e montañosos, pero os desniveles raramente superan un par de centos de metros. Preto do 80 por cento da superficie é forestal e estes activos chegaron a caracterizar a actividade económica local. A principios da década de 2020, aproximadamente o 14 por cento dos empregos no municipio eran na agricultura e a silvicultura.
Historia administrativa
[editar | editar a fonte]A área do concello correspóndese coa das parroquias de Bodsjö, Bräcke, Håsjö, Hällesjö, Nyhem, Revsund e Sundsjö. Nesas parroquias fundñaronse concellos rurais do mesmo nome coa reforma municipal de 1862, aínda que o concello rural de Nyhem formouse ent 1891 tras separarse do de Revsund.
O 27 de marzo de 1907 estableceuse a localidade municipal de Bräcke que sería disolta a finais do ano 1955.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse na área tres grandes concellos: o concello rural de Bräcke (pola fusión dos antigos concellos de Bräcke e Nyhem), o de Kälarne (a partir dos de Håsjö e Hällesjö), e o de Revsund (de Bodsjö, Revsund e Sundsjö).
O actual municipio de Bräcke naceu coa reforma municipal de 1971 a partir do concello rural de Bräcke. No ano 1974 incorporaríanse os municipios de Revsund e Kälarne.[3]
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Bräcke atópase no leste do condado de Jämtland e limita cos municipios de Sundsvall ao leste, Ånge ao sur, ámbolos dous no condado de Västernorrland, Berg ao oeste, Östersund ao noroeste e Ragunda ao norte, estes últimos en Jämtland.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". web.archive.org. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-15.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-03-15.
- ↑ Andersson, Per (1993). Sveriges kommunindelning 1863-1993. Mjölby: Bokförlaget Draking. ISBN 978-91-87784-05-7.
