Berg (saami: Bïerjen) é un municipio sueco (kommun) do condado de Jämtland.[1] Berg atópase nos landskap de Jämtland e Härjedalen e a súa capital é a localidade de Svenstavik. En decembro de 2024 o municipio tiña unha poboación de 7 108 habitantes.[2]
O municipio de Berg é o que ten o menor grao de aglomeración urbana de toda Suecia. O grao de aglomeración é do 30%, en comparación coa media nacional de case o 85%.[3] Dende o 1 de xaneiro de 2010 o concello está incluído na área administrativa para a lingua saami, que garante dereitos especiais aos habitantes que falan saami.[4][5][6]
O concello conta cunha unha antiga área cultural, especialmente na zona ao redor de Hackås, onde varias granxas foron transmitidas de xeración en xeración, e tamén na zona da capela de Storsjö co campo de tumbas de Krankmårtenhögen, do 200 a.C. ao 200 d.C. As zonas forestais e de montaña conforman o resto do municipio. A actividade económica máis importante en termos de emprego é a das pequenas empresas do sector privado.
O concello, ao igual que a localidade de Berg e a parroquia de Berg, toma o seu nome da montaña Hoverberget que está nunha península ao norte da capital.
↑"Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-09.