Comunidade xorda
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A comunidade xorda é o conxunto de persoas que teñen unha maior ou menor perda auditiva e encontran na súa vida cotiá barreiras de acceso á comunicación e á información.
Perspectivas
[editar | editar a fonte]Na tradición, encontramos dúas perspectivas diferentes da xente xorda:
- Por un lado, o punto de vista denominado clínico. A súa referencia é o déficit de audición e a intervención rehabilitaría.
- Por outro lado, o punto de vista sociocultural que considera a xordeira como unha maneira distinta de vivir e percibir o mundo que como resultado tivo o desenvolvemento das linguas de sinais e a creación de comunidades de persoas xordas cunha historia e cultura propias
Enfrontados, estes puntos de vista son de dúas miradas diferentes. O clínico é como normalmente se mirou desde fóra, mentres que o punto de vista sociocultural é como o miran as persoas xordas.
Identidade
[editar | editar a fonte]A identidade xorda foi edificada en torno a catro ideas fortes: comunidade, lingua, cultura e historia.
No proceso de construción, cabe destacar catro feitos claves:
- William C Stokoe, lingüista estadounidense, demostrou a través da publicación da súa obra Sign Language Structure en 1960, que as linguas de sinais son linguas naturais, posuidoras das mesmas características cas linguas orais.
- O X Congreso da Federación Mundial de Persoas Xordas (WFD) que tivo lugar no ano 1987 en Helsinqui no que, por primeira vez, reclaman o recoñecemento por parte dos Estados das linguas de sinais como linguas naturais das persoas xordas.
- Mobilización dos estudantes da universidade de Gallaudet (universidade para alumnos xordos) no ano 1988 que tivo como resultado o comezo do proceso de debate e reflexión por parte da comunidade xorda dos Estados Unidos e pouco a pouco estendeuse por outros países.
Poboación
[editar | editar a fonte]Segundo a Federación Mundial de Persoas Xordas (WFD) hai máis de 70 millóns de persoas xordas no mundo. As distintas comunidades lingüísticas foron creando sistemas lingüísticos naturais, en cada país ou en cada rexión, que dan lugar as diferentes linguas de sinais. As LS (linguas de sinais) son as linguas utilizadas polas persoas con deficiencia auditiva. De acordo con todas as investigacións lingüísticas, todas as linguas de sinais cumpren as características formais da linguaxe humana.
Así a LSE (Lingua de sinais española) é a lingua de sinais de España. En España a lingua de sinais estivo marxinada ata anos recentes. Na actualidade o número de usuarios da lingua de sinais española é aproximadamente de 400.000, dos cales 100.000 son persoas xordas.
Asociacionismo
[editar | editar a fonte]As Federacións son os órganos de representación das persoas xordas a nivel de comunidades autónomas. Teñen un papel esencial xa que desempeña o papel de interlocutores fronte as diferentes entidades públicas ou privadas nos seus respectivos territorios. As Federacións representan o Movemento Asociativo no ámbito autonómico, desenvolven e levan a cabo proxectos, programas e proporcionan servizos (Orientación laboral, formación, servizo de intérpretes,...). En España hai unha Federación por cada comunidade autónoma, en total dezasete e tamén a Asociación da Cidade Autonómica de Melilla cuxa función é similar a das anteriores.
A Federación galega de persoas xordas é a FAXPG (Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia) A súa web é: ([1])
As asociacións son o lugar de encontro para as persoas xordas onde poden contactar coa súa lingua natural, onde a cultura xorda é promovida, onde se levan a cabo actividades de lecer e tempo libre, compártese información, onde se accede á formación e préstanse servizos que orixinan unha calidade de vida mellor. Tamén lévanse a cabo tarefas de sensibilización o participación na vida das cidades, dos barrios,...
En España hai máis de cento quince asociacións provinciais e locais.
En Galiza cóntase con sete asociacións: A Asociación de persoas xordas de A Coruña ([2]), Asociación das persoas xordas de Vigo ([3] ), Asociación de persoas xordas de Ourense ([4]), Asociación de persoas xordas de Lugo ([5]), Asociación de persoas xordas de Santiago de Compostela ([6][Ligazón morta]), Asociación de persoas xordas de Ferrol ([7] ) e a Asociación de persoas xordas de Pontevedra ([8]).
Mitos acerca dos xordos
[editar | editar a fonte]- As persoas xordas non son xordomudas. As persoas xordas son aquelas que teñen unha menor ou maior perda auditiva. O termo xordomudo é un termo incorrecto xa que as persoas xordas poden falar a través da lingua de sinais e da lingua oral, as que teñen preservado a sistema vocal. De feito moitas veces falan.
- Os xordos non teñen unha capacidade incrible para ler os labios. Isto non é certo xa que depende de factores como a falta de luz, a velocidade a que a persoa fala e a mala vocalización do falante e diversos outros motivos.
- Aínda que grite a persoa xorda non ten porque entenderme.
Nas novas tecnoloxías
[editar | editar a fonte]Aínda que poucos, hai algúns espazos nos que a xente con perdas auditivas poden atopar as novidades do día, no caso de Galicia : [9] o a nivel de España: [10]
Tamén atopamos recursos de comunicación como: o "Oovoo" un sistema parecido ao Skipe pero que funciona mellor con conexións lentas, o "Svidual" é un sistema de videointerpretación a nivel estatal e o "Bildtec" que é un sistema de videointerpretación pero que funciona en entidades a nivel galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comunidade xorda |