Compresor de paletas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compresor de paletas hermético

Un compresor de paletas é un tipo de compresor volumétrico. Consiste nun cilindro (estator) que contén un pistón cilíndrico plano (rotor) no que o eixe xira excéntrico en relación co do estator, cuxa xeratriz coincide constantemente co estator. O rotor incorpora unhas rañuras nas que van acopladas unha ou varias paletas. Durante a rotación, a forza centrífuga extrae as paletas das rañuras para formar células individuais de compresión. Esta rotación reduce o volume da célula e aumenta a presión do gas.

O rotor e o estator teñen a mesma lonxitude e están pechados nos seus extremos por tapas estancas, unha das cales constitúe o paso do eixo de accionamento do pistón.

Funcionamento[editar | editar a fonte]

A aspiración do gas prodúcese ao aumentar o volume da cámara, formado este polas paletas e as paredes interna do estator e externa do rotor. A compresión do gas conséguese ao diminuír o volume da cámara por efecto do xiro do rotor.

Dispositivos de lubrificación[editar | editar a fonte]

Compresor de paletas libre e pistón rodante

A lubrificación nestes compresores é un factor esencial, non só para o bo comportamento dos diferentes órganos, senón igualmente para a obtención do rendemento debido. O aceite actúa como obturador dos xogos mecánicos indispensables e detén (ou limita) as fugas internas. Toda deficiencia na lubricación tradúcese nunha caída de presión e do rendemento. A lubrificación obtense por medio dunha bomba accionada polo eixo de mando ou baixo a presión da descarga. Independentemente do sistema de lubrificación usado, debe evitarse que o aceite entre na cavidade de aspiración. A cantidade de aceite arrastrada por un compresor rotativo é (a igual potencia frigorífica) superior á que arrastra un compresor de pistón. Por isto, é indispensable que os compresores rotativos se encontren provistos dun separador de aceite particularmente eficaz. As cualidades dos aceites usados son as mesmas que se requiren para os compresores de pistón, con excepción da súa viscosidade, que debe ser algo máis elevada para que o aceite achegue máis seguridade na estanqueidade entre paletas e estator.

Dispositivos de estanqueidade[editar | editar a fonte]

A estanqueidade obtense sobre o eixo por medio dun selo de tipo rotativo ou de fol idéntico ao utilizado nos compresores de pistón. Entre o rotor e as tapas laterais non poden usarse as xuntas de tipo clásico. O apoio entre rotor e tapas faise con metal sobre metal. Por conseguinte, a estanqueidade conséguese por medio dunha xunta encastrada en cada unha das tapas.

Dispositivos de accionamento[editar | editar a fonte]

A particular concepción do compresor precisa dun sistema de accionamento directo por motor eléctrico. O accionamento faise sempre por medio dun manguito de acoplamento similar aos usados nos compresores alternativos de pistón. Por iso, a velocidade de rotación vai unida á do motor e é, en xeral, de 1 500 ou 3 000 rev/min no seu punto de deslizamento xunto ó motor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rapin, Pierre J. (1996). [París] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie. OCLC 37234395 .