Commit Yourself Completely

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Commit Yourself Completely
Álbum de directo de Car Seat Headrest
Edición17 de xuño de 2019
Gravaciónabril - novembro de 2018
Duración66:57
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Matador Records
Producido porWill Toledo
Cronoloxía
Twin Fantasy (Face to Face)
(2018)
Commit Yourself Completely Making a Door Less Open
(2020)

Commit Yourself Completely é o segundo álbum ao vivo da banda estadounidense de indie rock Car Seat Headrest, publicado dixitalmente o 17 de xuño de 2019 a través do selo Matador Records. O disco recompila cancións tocadas pola banda na xira de 2018 nos Estados Unidos, Reino Unido e Francia, cos membros de Naked Giants tocando co grupo nunha formación de sete persoas.[1] O recompilatorio inclúe cancións dos álbums Teens of Denial (2016) e Twin Fantasy (2011, 2018), ademais dunha versión do tema de Frank Ocean "Ivy".[2][3] Foi promocionado cun vídeo da interpretación de "Fill in the Blank" no Newport Music Hall de Columbus, Ohio.[4]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Will Toledo, agás onde se indique. 

N.º TítuloLocal Duración
1. "Cosmic Hero"  Tramshed, Cardiff, Gales 10:26
2. "Fill in the Blank"  Newport Music Hall, Columbus, Ohio 5:05
3. "Drugs with Friends"  La Lune des Pirates, Amiens, Francia 6:16
4. "Bodys"  La Lune des Pirates 6:01
5. "Cute Thing" (contén elementos de "Ana Ng" de John Linnell e John Flansburgh)O2 Forum Kentish Town, Londres 6:23
6. "Drunk Drivers/Killer Whales"  O2 Forum Kentish Town 8:45
7. "Destroyed by Hippie Powers"  Crystal Ballroom, Portland, Oregón 5:28
8. "Ivy" (Christopher Breaux, James Ryan Wui Hun Ho)Capitol Theater, Olympia, Washington 5:11
9. "Beach Life-in-Death"  Crossroads KC, Kansas City, Missouri 13:22
66:57

Notas[editar | editar a fonte]