Comité Olímpico de Guinea Ecuatorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comité Olímpico de Guinea Ecuatorial
TipoComité olímpico nacional
Data de fundación1 de xaneiro de 1984
SedeMalabo
Na rede
https://www.anocolympic.org/nocs-directory/comite-olimpico-de-guinea-ecuatorial/16361
editar datos en Wikidata ]

O Comité Olímpico de Guinea Ecuatorial é a institución encargada de rexer a participación de Guinea Ecuatorial nos Xogos Olímpicos e as distintas competicións dentro e fóra do continente africano. É membro da Asociación de Comités Olímpicos Nacionais de África.

O Comité foi recoñecido oficialmente polo Comité Olímpico Internacional o 1 de xaneiro de 1984.[1] O mesmo ano tivo lugar a primeira aparición de Guinea Ecuatorial nuns Xogos Olímpicos, durante os Xogos Olímpicos dos Ánxeles de 1984.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Equatorial Guinea". Olympic.org. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]