Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional, CCDR (en portugués Comissões de Coordenação e Desenvolvimento Regional) son, segundo o decreto-lei 104/2003 da República Portuguesa, servizos descentralizados da Administración do estado dotados de autonomía administrativa e financeira, encargados de executar medidas favorábeis para o desenvolvemento das respectivas rexións[1]

As CCDR só existen no territorio de Portugal continental.

Creación[editar | editar a fonte]

As CCDR foron creadas en 2003, coa fusión das Comissões de Coordenação Regional (CCR) e as direccións rexionais de Ambiente e Ordenamento do Territorio, organismos estes que tampouco pasabam de seren servizos periféricos do Estado central.

As CCDR são serviços desconcentrados do Ministério das Cidades, Ordenamento do Território e Ambiente (MCOTA) (actual Ministério do Ambiente, Ordenamento do Território e Energia), dotados de autonomia administrativa e financeira, incumbidos de executar ao nível das respectivas áreas geográficas de actuação as políticas de ambiente, de ordenamento do território, de conservação da natureza e da biodiversidade, de utilização sustentável dos recursos naturais, de requalificação urbana, de planeamento estratégico regional e de apoio às autarquias locais e suas associações, tendo em vista o desenvolvimento regional integrado.
Decreto-Lei 104/2003, de 23 de Maio, Artigo 1.º do Capítulo I.[1]

Contodo, antes de 2003, as CCR xa actuaban con funcións semellantes ás das actuais CCDR.

As CCR foran instituídas en 1979, como unha consecuencia das rexións de planeamento creadas, en 1969, durante o goberno de Marcelo Caetano, co obxectivo de facer unha distribuición rexional equitativa do desenvolvmento obtido polo III Plano de Fomento.[2] Inicialmente, as CCR só tiñan apenas funcións de coordunación da actividade dos municípios, pero as súas competencias aumentaron considerabelmente ao longo do final do século XX.

A estrutura organizativa das CCDR é bastante complexa, e comprende un Presidente da CCDR, un consello administrativo, unha comisión de fiscalización e un consello rexional. Nigún destes órganos era elixido directamente, sendo o Presidente da CCDR nomeado polo Goberno portugués por un período de 3 anos.

As CCDR na actualidade[editar | editar a fonte]

Áreas de actuación das CCDR.

A área de actuação das CCDR corresponde enteiramente á das unidades estatísticas NUTS II no continente.

A única excepción é a área da CCDR de Lisboa e Vale do Tejo, onde até 2002 existiu unha NUTS II homónima, que correspondia á área da respectiva CCDR.

Contodo, nese ano, por motivos relacionados coa distribución de fondos comunitarios da Unión Europea, a NUTS II de Lisboa e Vale do Tejo (que estaba constituída por 5 NUTS III), foi extinguida, e o seu territorio foi distribuído entre varias outras NUTS II:

Actualmente existen cinco Comisións de Coordinación e Desenvolvemento Rexional, cuxas sedes son as seguintes:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Web oficial do Goberno de Portugal.
  2. Os Planos de Fomento eran os equivalentes portugueses aos Planes de Desarrollo Económico y Social españois da época, dirixidos polo ministro Laureano López Rodó.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]