Comillas, Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ponte de Toledo, un dos principais accesos ao barrio de Comillas.

Comillas é un barrio do suroeste de Madrid, pertencente ao distrito de Carabanchel, con 24.117 habitantes (Padrón Municipal, 2007).[1]

Limita ao sur coa praza Fernández Ladreda (praza Elíptica), ao norte con Madrid Río, que comparte co distrito de Arganzuela, ao oeste coa rúa Antonio Leyva e o Barrio de Opañel e ao leste co Paseo de Santa María de la Cabeza e o distrito de Usera.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Concello de Madrid. "Padrón Municipal - Carabanchel (Páxina 119)" (PDF). Consultado o 2 de xuño de 2008.