Comarca Naso Tjër Dei
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Panamá ![]() | ||||
Capital | Sieyic (en) ![]() ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 160.616 ha ![]() | ||||
ISO 3166-2 | PA-NT ![]() | ||||
A Comarca Naso Tjër Di é unha comarca indíxena de Panamá, que se atopa no extremo noroeste do país, a beiras do Río Teribe e adxacente á fronteira entre Costa Rica e Panamá. A comarca está habitada principalmente pola etnia naso, conformada por unhas 5000 persoas. Foi creada o 4 de decembro de 2020 e ten unha extensión de 1606,16 km², dos cales 1468,63 km² (un 91% do territorio) son áreas protexidas do Parque Internacional La Amistad e o bosque protector de Palo Seco.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O pobo naso, a través do seu rei, estivo reclamando nos últimos anos a conformación dunha comarca indíxena, ao ver que as demais etnias indíxenas en Panamá tiñan conformadas as súas, e tamén como unha forma de protexer a identidade cultural propia.[2]
O 25 de outubro de 2018, a Asemblea Nacional de Panamá aprobou o proxecto de lei 656 que creaba a comarca;[3] aínda que o presidente de Panamá daquelas, Juan Carlos Varela, vetouno o 14 de decembro do mesmo ano tomando en conta as preocupacións de sectores ambientalistas de que nunha zona protexida non podía erixirse unha comarca indíxena e que puidera estar en conflito cos artigos 4 e 120 da Constitución de Panamá.[4]
O caso foi levado á Corte Suprema de Xustiza de Panamá, onde o 12 de novembro de 2020 emitiu un fallo indicando que o proxecto de lei non entraba en conflito coa Constitución e ademais agregou que o pobo naso é un dos sete pobos indíxenas que ancestralmente habitaron Panamá, dando luz verde á creación da comarca.[5]
O 4 de decembro o presidente de Panamá vixente, Laurentino Cortizo Cohen, sancionou a Lei 188,[6] permitindo así a creación da nova comarca.[7][8][9][10]
División política
[editar | editar a fonte]A capital da comarca é a comunidade de Sieyic, onde se encontra asentado o rei naso.[6]
A comarca está conformada polo distrito especial Naso Tjër Di, e á súa vez dividido en tres correxementos:[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nueva comarca ocupará áreas protegidas en Bocas del Toro y Chiriquí". La Prensa. 28 de febreiro de 2019. Consultado o 6 de decembro de 2020.
- ↑ TVN Noticias (4 de novembre de 2018). "Rey indígena de Panamá: si Varela no firma la ley, cerramos la frontera". Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ TVN Noticias (25 de outubro de 2018). "Asamblea aprueba en tercer debate la creación de Comarca Naso". Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ La Prensa (14 de decembro de 2018). "Por afectar áreas protegidas el presidente Varela veta proyecto de ley para crear la comarca Naso". Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ Órgano Xudicial de Panamá (12 de novembro de 2018). "EL PLENO DE LA CSJ REITERA QUE LAS COMARCAS INDÍGENAS SON PARTE DE LA HERENCIA HISTÓRICA DE NUESTRA NACIÓN". Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Ley 188 que crea la Comarca Naso Tjër Di" (PDF). Gaceta Oficial de Panamá. 7 de decembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ "Laurentino Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër Di, la sexta de Panamá". Panamá América (en castelán). 4 de decembro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2020.
- ↑ "Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër-Di". La Prensa. 4 de decembro de 2020. Consultado o 8 de decembro de 2020.
- ↑ "Presidente Cortizo sanciona ley que crea la comarca Naso Tjër-Di". En Segundos Panama (en castelán). 2020-12-04. Consultado o 2022-03-14.
- ↑ "Naso Tjër Di: Panamá convierte el último reino indígena de América en comarca". La Estrella de Panamá (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2020.